xoves, 9 de abril de 2020
A moratoria hipotecaria decretada polo COVID-19 comeza a demostrarse insuficiente: Estámolo dicindo desde o primeiro día, hai que rescatar ás familias e non aos bancos
Estámolo dicindo desde o primeiro día, hai que rescatar ás familias e non aos bancos.
A actual crise sanitaria tennos ás portas dunha nova crise económica. Case 1 millón e medio de persoas perderon o seu traballo ou teñen un ERTE desde que estalou o estado de alarma e o confinamento coa conseguinte perda de ingresos por unha epidemia allea á súa vontade. Desde o Goberno intentaron parchear esta sobrevida situación baixo un suposto escudo social que amorteza o impacto da recesión sobre as familias afectadas. Dicimos suposto, xa que, si algo está quedando claro de novo, é falta de valentía para enfrontarse a quen realmente gobernan este país, o sistema financeiro, impune responsable da crise de vivenda anterior.
Esta afirmación queda reforzada vendo as medidas de urxencia aprobadas no que a vivenda se refire e especialmente no caso das hipotecas. Desde a súa aprobación, estamos dicindo que a moratoria hipotecaria é insuficiente, que todo o que non sexa exonerar os pagos e que os bancos tamén arrimen o ombreiro, non deixa de ser un novo rescate á banca. Esiximos ao autoproclamado goberno progresista que modifique os decreto lei 8/2020 e 11/2020 para realmente non deixar a ningunha familia vulnerable sen cobertura. A obrigatoriedade actual de cumprir cos 4 requisitos de vulnerabilidade deixan á inmensa maioría de unidades de convivencia sen ningún tipo de protección como xa se está comprobando.
Aprazar os pagos 3 meses é insuficiente, volver gastar diñeiro público en lugar de pedir responsabilidade aos bancos que aínda nos deben 65.725 millóns de euros, un escándalo. Ante a crise sanitaria que sufrimos, os efectos por chegar e sen ser capaces de reparar aínda os estragos da crise económica de fai 12 anos, esiximos altura política para que esta non a paguemos a cidadanía do montón. O Goberno debería esixir a devolución do rescate bancario para afrontar a crise sanitaria minimizando o gasto público.
É necesario recordar estáfaa bancaria que xerou a crise de 2008? É necesario recordar que malia ser os responsables directos de desafiuzar a máis de 1 millón de familias foron os bancos os que foron rescatados con diñeiro público sen ningún tipo de prestación social? De verdade pretende o Goberno Progresista repetir a historia con adiamentos de cotas a devolver con descréditos? Xa só falta que nos volvan a dicir que estiramos máis o brazo que a manga, que si sabiamos que pasados os anos, unha crise tras outra, íannos a deixar sen traballo e sobrendebedadas, por hipotecarnos. Somos clase traballadora, non clarividentes. De verdade os bancos e as grandes inmobiliarias van ser as únicas que terán garantidas polo estado e cos nosos impostos, unha vez máis, a totalidade dos seus ingresos?
Pasaron pouco máis de 20 días desde que se decretou a moratoria de hipotecas e, de novo, o tempo dános a razón. Onde o Goberno di non deixar ninguén atrás, a realidade di que diariamente son miles as peticións para acollerse á moratoria e case 9 de cada 10 as que se quedan fóra, pola dificultade de cumprir á vez os 4 supostos de vulnerabilidade. Os bancos, como solución si non podes acollerche á moratoria, están propoñendo préstamos ponte, novacións?, as mesmas tácticas de pan para hoxe fame para mañá e que tampouco van facer gratis. Coñecémolos demasiado ben e branquearán cláusulas abusivas, meterán comisións, intereses, etc., o que se lles ocorra co único propósito de non perder un euro e continuar facendo caixa co sufrimento das familias e cando a cousa vaia a peor para as familias, seguir quedándose cos seus fogares. Recordamos que, grazas á Lei de Crédito Inmobiliario e a sentenza do Tribunal Supremo, a espada de Damocles xa pende sobre máis de 6 millóns de Hipotecas.
Chegamos ao confinamento superando os 200 desahucios diarios, que o coronavirus non sexa a escusa para que, en poucos meses, estas cifras inaceptables en calquera outro país da nosa contorna, aumenten aínda máis
Os detalles sobre esta moratoria insuficiente e como acollerse a ela atoparalos aquí.
Fonte: PAH. | 7 de marzo de 2020
---