http://youtu.be/xYkgsw6Z-HY
Os bombeir@s rescatan ás persoas, non aos bancos!!
Nin xente sen casa, nin casas sen xente!
Boa tarde a todas e todos,
Moitos son os xestos de solidariedade individual e colectiva cos que a
sociedade civil facemos fronte día a día á crise social iniciada no ano 2008
polas entidades financieiras en connivencia co poder político ao servizo das elites
económicas.
Na loita concreta contra os desafiuzamentos, de entre todas estas accións, sen dúbida deuse na nosa cidade unha das que contou con máis recoñecemento e repercusión, tanto a nivel galego e estatal, como a nivel internacional: a negativa dun bombeiro a cortar a cadea que bloqueaba o portal de Aurelia Rey o 18 de febreiro do pasado ano 2013 na Coruña.
O seu xesto xerou reaccións non só en parques de bombeiros/as como os de Alicante, Madrid, Valencia, Murcia, La Rioja, Asturias, Valladolid, Andalucía, Catalunya ou Canarias, senón tamén noutros colectivos profesionais ao longo de todo o Estado, como os/as cerraxeiros e xuristas. Tamén se levou adiante unha iniciativa cidadá de apoio a través da plataforma Change.org na que se solicitaba que non fora represaliado polo Concello da Coruña, e que chegou a superar as 100.000 sinaturas.
Agora, ano e medio máis tarde, e logo de esgotar tódalas posibilidades de recurso pola vía administrativa, o bombeiro que encheu de orgullo á Coruña enfróntase o vindeiro xoves 4 a un xuízo, supostamente por amosar ese día un cartaz co logotipo de STOP Desafiuzamentos A Coruña, xesto que a Subdelegación do Goberno interpreta como unha “alteración da orde pública”[1], e polo que lle quere facer pagar unha multa de 600€.
Non obstante, todas sabemos que o que lle molestou á Delegación do Goberno non foi que este bombeiro erguera un papel, senón que se tivera negado a colaborar en botar de casa a unha anciá, deixando en evidencia a vergoñenta estampa do circo policial que o Partido Popular tiña instalado na R/ Padre Feijoo para escenificar o despregue de violencia que están dispostos a levar adiante para seguir botando familias das súas casas e regalarlle estes fogares baleiros ás entidades bancarias que primeiro estafaron a estas mesmas familias.
Así, o xuízo que vai ter lugar o vindeiro xoves constitúe un exemplo claro de ata onde está disposto a chegar o goberno do Partido Popular contra quenes loitamos por poñer ás persoas por riba do Capital, en definitiva, contra quenes queremos máis á xente que ós cartos, ben ao contrario dos valores capitalistas defendidos a base de coaccións e acoso policial polo Delegado do Goberno Samuel Juárez e o Subdelegado na Coruña Jorge Atán. Contra esta represión ao bombeiro por parte do Goberno do Partido Popular a nivel estatal iniciouse tamén o ano pasado unha nova recollida de sinaturas a través de Change.org que chegou a recabar máis dun milleiro de apoios.

Aliás, este ataque ao bombeiro que se negou a intervir
no desafiuzamento de Aurelia Rey, así como as constantes multas, xuízos e o control policial ó que nos vemos sometidas as
persoas que defendemos na rúa dereitos básicos como o da vivenda, a sanidade, a educación ou
os dereitos laborais, lonxe de amedrentar a quenes loitamos por estes dereitos
humanos e sociais, segue a se revelar como un claro síntoma do medo que inunda ao Partido Popular diante dunha sociedade
civil crítica e en pé de loita neste contexto de estafa económica. Segundo datos do Ministerio de Interior, Galiza é a terceira
comunidade con máis expedientes administrativos abertos, un total de 110, e xa lle foron roubados
á cidadanía galega máis de 35.000€ en concepto de multa por protestar contra as
inxustizas cas que o PP está a dinamitar o que nalgún tempo se deu en chamar “Estado
do benestar”.
Así, fronte a esta estratexia de
amedrantamento social e criminalización da solidariedade imposta polo Partido
Popular dende o Goberno estatal, galego e local, dende STOP Desafiuzamentos
A Coruña convocamos á toda a sociedade a
arroupar e amosar publicamente o noso apoio a este compañeiro cuxo valor e
solidariedade deron a volta ao mundo, acudindo o vindeiro XOVES 4 de SETEMBRO á concentración que
terá lugar dende as 11.00hrs. diante do
Xulgado Contencioso Administrativo da Coruña (Edificio Proa).
Queremos tamén aproveitar para agradecer
novamente a colaboración de tódolos colectivos, persoas particulares e
profesionais dos medios de comunicación que fixeron parte fundamental na loita
contra o desafiuzamento de Aurelia e en todos os que seguiron. Porque
sabemos que a unión de forzas e o
traballo conxunto é o único xeito de deter este sistema criminal que nos
condena ó empobrecemento, á miseria e ó medo.
CONCENTRACIÓN EN SOLIDARIEDADE CO BOMBEIRO QUE SE NEGOU A INTERVIR NO DESAFIUZAMENTO DE AURELIA REY
Xoves 4 setembro
11:00hrs. ((Declaracións a medios de comunicación ás 11:30hrs.))
Xulgado do Contencioso-Administrativo Nº4 | (R/Enrique Mariñas Romero. Edificio Proa, A Coruña).
|||||||||||||||||||||||||||||

[1] (Art. 23h) L. O. 1/1992 de Protección de la Seguridad Ciudadana.
Un saúdo e que teñades moi boa xornada,
STOP Desafiuzamentos A Coruña
|||||||||||||||||||||||||||||