Como estaba previsto, hoxe 23 de Setembro, desde a plataforma STOP-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, mobilizamo-nos diante do edificio dos Xulgados de Ferrol para apoiar a entrega do escrito no Decanato, para que @s xuíces encargad@s procedan á suspensión inmediata dos procedementos de Execución Hipotecaria pola vulneración constante dos Dereitos Humanos e outras disposicións e convenios internacionais, reclamando que se apliquen as sentenzas do Tribunal de Xustiza da Unión Europea respecto de moitos aspectos da lexislación hipotecaria española que a considera contraria ao disposto no dereito europeo.
Esta mobilización encadramo-la na campaña que a nivel estatal comezaron hoxe as Plataformas de Afectados pola Hipoteca e outros colectivos afíns. É a conta atrás para tombar a Lei Hipotecaria española. Esta acción foi simultanea na maioría dos Xulgados Decanos do conxunto do territorio do Estado.
Clica para Acceder/Baixar o escrito que entregamos no Decanato dos Xulgados de Ferrol.
Saúde e vivenda Digna ! Si se pode ! #Limite24D
Fotos de José Pardo e Raúl Salgado.
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs (17.03.2013) e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.
Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
Páxina no facebook:
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra
Local:
Avda. Castelao S/N.
Local de Arméria Soc. coop. Galega
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
1406-Ferrol
---
A nova nalgúns medios:
- Reclaman ante o xulgado de Ferrol a paralización dos desafiuzamentos | A plataforma Stop-Desafiuzamentos urxe a suspensión das execucións hipotecarias | La Voz de Galicia | 23 de setembro de 2014 18:07 | Ir a Web.
- Stop Desafiuzamentos pide ao xuíz decano de Ferrol o fin das execucións hipotecarias | Raúl Salgado | @raulsalgado | Ferrol 360 | Martes 23 setembro 2014 | 10:54 | Ir a Web.
- STOP-Desafiuzamentos solicita por escrito aos xuíces de Ferrol que paren os desafiuzamentos | Carmela López - Diario de Ferrol | Actualizado 24 Septiembre 2014 - 01:30 h.| Ir á Web.
Para máis información ver enlaces sobre o asunto no noso sitio-e:
- 22.Set.2014 - Urxente: Convocada concentración diante dos Xulgado de Ferrol apoiando o escrito que se vai entregar no Xulgado Decano, para que @s xuíces encargad@s procedan á suspensión inmediata dos procedementos de Execución Hipotecaria pola vulneración constante dos DDHH.
- 20.Set.2014 - 23 de Stembro: Comeza a conta atrás para tombar a Lei hipotecaria.
- 20.Set.2014 - As PAHs esixen que o goberno defenda os dereitos das cidadás e cidadáns tras unha nova pancada da UE.
||||||||||||||||||||