venres, 10 de decembro de 2021

O PSOE ten que poñerse ao lado das persoas e do dereito á vivenda - O próximo 14 de decembro, a Lei de Garantía do Dereito á Vivenda Digna e Adecuada, elaborada polas organizacións sociais da plataforma Iniciativa Lei Vivenda, será "presentada" no Congreso dos Deputados e os grupos parlamentarios terán que votar si pasa a trámite



O próximo 14 de decembro, a Lei de Garantía do Dereito á Vivenda Digna e Adecuada, elaborada polas organizacións sociais da plataforma Iniciativa Lei Vivenda, será "presentada" no Congreso dos Deputados e os grupos parlamentarios terán que votar si pasa a trámite e, xa que logo, si se inicia o proceso de emendas e debate.

O texto será presentado polos partidos Bildu e Cup, quen xa a rexistraron o pasado 30 de setembro xunto cos grupos ERC, JuntsXCat, Podemos, Compromís, Máis País, BNG e Nova Canarias, e corroboraron o seu compromiso coas organizacións sociais. Para que a tramitación do texto sexa posíbel serán necesarios tamén os votos de PSOE, quen aínda non se situou respecto diso desta lei.

No caso de que a Lei de Garantía ao dereito á Vivenda pasará a trámite, esta pasaría a proceso de discusión xunto á Lei Vivenda validada polo Consello de Ministros o pasado 26 de outubro.

As organizacións sociais que conformamos a Iniciativa Lei Vivenda, (apoiada pola nosa Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra - Stop Desafiuzamentos) presentamos este mesmo mes alegacións ao anteproxecto de Lei Vivenda pactado polos socios de Goberno, xa que ten grandes carencias e non garante este dereito fundamental. Por iso, instamos ao PSOE a que vote a favor da tramitación da Lei polo Dereito a unha Vivenda Digna e Adecuada que si garanta o exercicio deste Dereito Fundamental.

Os últimos datos de desafiuzamentos do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPX) poñen de manifesto que España necesita medidas estruturais e de calado con urxencia. As 8.659 familias que foron desafiuzadas entre os meses de xullo e setembro de 2021 con escudo social só é a punta do iceberg da emerxencia residencial cronificada que vivimos neste país e que debemos poder, dunha vez por todas, deixar atrás.

O próximo 14 o PSOE ten que elixir si poñerse ao lado das persoas e do dereito á vivenda ou ben seguir o legado do Partido Popular e lexislar para os desafiudadores, os responsábeis da burbulla inmobiliaria: bancos e fondos de investimento.

Fonte: PAH.

---