mércores, 9 de outubro de 2013

As compañeiras e compañeiros de Stop Desafiuzamentos da Coruña, continuan a pé de portal para evitar o desafiuzamento de Elisabeth

AGARDAMOS POR VOS AO LONGO DO DIA EN ANTONIO NOCHE 30. XUNTOS PODEMOS¡¡¡

Boas tardes, tras parar o desafiuzamento de Elisabeth o Martes 8, a coordinación institucional necesaria pra solución do presente conflicto convertiuse nunha empresa fabulada ao abeiro dos acontecementos sucedidos ao longo destes días.

Sorprende a parsimonia do órgano xudicial para dar resposta a un requerimento da Consellería de Traballo e Benestar ante unha situación de emerxencia como a que estamos a vivir. Emerxencia pola nula marxe temporal da que se dispón (o desafiuzamento, marcado para onte, non tivo lugar simplemente pola presión social na rúa, que o parou no momento en que se ía producir a notificación) e pola situación da propia afectada, Elisabeth, tal e como recoñece a Consellería de Traballo e Benestar e o propio Xulgado de 1ª Instancia nº 9.

En vista desta emerxencia, non nos explicamos a sucesión dos acontecementos: o venres 4 de outubro o xuíz notifica unha posible situación de vulnerabilidade social e remite á Consellería de Benestar e Traballo; a Consellería no mesmo día constata a falta de tempo material para actuar, e o luns 7 envía un fax solicitando a suspensión do desafiuzamento. Tendo en conta que o día 7 era festivo local na cidade da Coruña, e entendendo que o xulgado competente tiña esta notificación dende o día 8 (data marcada para o desafiuzamento) a primeira hora, que se fixo dende o xulgado ata o día de hoxe? Pasaron dous días e Elisabeth non ten ningunha notificación oficial de que o desafiuzamento fose suspendido.

O único que queda é que o xuíz se pronuncie inmediatamente para que a Consellería de Benestar e Traballo e os Servizos Sociais do Concello da Coruña acaden unha solución axeitada para Elisabeth. Ata entón, seguiremos resistindo.

Grazas pola vosa atención,
STOP Desafiuzamentos A Coruña

Correo-e:
desahucios.coruna@gmail.com

Blogue:
http://stopdesahuciosacoruna.blogspot.com.es/

Facebook:
https://www.facebook.com/pages/STOP-DESAHUCIOS-A-CORU%C3%91A/216065495111451

Twiter:
https://twitter.com/Desahuciocoruna

Grupo de stopdesahucios de A Coruña
@desahuciocoruna
https://n-1.cc/pg/groups/372403/desahucios-corua/

|||||

martes, 8 de outubro de 2013

Ve-La Luz fala co presunto maltratador de Cabanas


VE-LA LUZ FALA CO PRESUNTO MALTRATADOR DE CABANAS

Ante as declaracións vertidas polo presunto maltratador J.S.C aos medios de prensa e conversación mantida pola Presidenta de Ve-la luz co mesmo.

Ve-la luz quere deixar constancia dos seguintes datos que cre importantes para dar veracidade non só aos datos deste caso senón aos centos deles que non son representados ante a opinión pública:
1º Sandra recibiu máis de tres decenas de denuncias por parte do Sr. J.S.C por "Dexación de deberes familiares" que é igual a incumprimento de visitas, das cales só foi condenada dúas veces. Isto quere dicir que só dous xuíces e/ou fiscais de máis 30, interpretaron que Sandra incumpría e non como o resto que interpretaron a realidade "que Sandra simplemente protexía ao seu fillo como se reflicte na Convención dos dereitos do neno no seu art. 19".

2º Non existe ningunha condena firme dos procesos que nomea o Sr. J.S.C por vexacións a el, aínda que si recoñecemos que hai unha sentenza en primeira instancia sobre outro tema e persoas que foi recorrida ante a Audiencia. Neste asunto Sandra non asistiu á vista, algo moi normal debido ao proceso brutal ao que se lle someteu que non fixo máis que perpetuar o maltrato recibido e que recibe.

3ºA desacreditación do proceso e xustificación por parte de presunto agresor das imputacións que lle levaron a ter unha orde de liberdade provisional, sorprenden: Di que está imputado por catro delitos e con Liberdade provisional tras unha instrución de dous anos debido a: "Que hai unha persoa que non sabe o día no que se produciron as agresións" ¡¡Dálle máis importancia ao día que á agresión!!! Nin o alcalde , nin as plataformas que apoiaron á vítima teñen nin idea - ¡¡Temos a documentación e até a enviada polo Sr. J.S.C!!! Di que non sabe como a nai ten aínda a custodia do menor, o mesmo que é o seu fillo e fai máis de dous meses que non pasa a pensión alimenticia pero recoñecendo que o neno está ben coidado. (Algo habitual nestes casos).
Durante a conversación mantida con Vázquez resalta a profesión, oportunidades varias, unha charlas co Fiscal "Roma" mediante o Punto de encontro de Ferrol e a clarividencia de saber que non será condenado aínda que se lle imputen a día de hoxe catro delitos de Violencia de xénero ( Art. 153. 1, 153.3 e 617.2) .

En relación ao desafiuzamentos di non coñecer ao comprador pero ante a posibilidade de que puidese abrirse un proceso penal, coméntanos que o comprador non ten antecedentes e que os antidisturbios actuarán nuns días desafiuzando a Sandra e o seu fillo.

A asociación Ve-la luz recibiu documentación do Sr. J.S.C e unha chamada na que nos instaba a que fósemos imparciais solicitando que enviásemos un comunicado pola nosa banda á prensa tras analizar a documentación e así o estamos facendo. En relación ao desafiuzamento Sandra instou unha demanda de reclamación de cantidades que ante a falta de forma produciu unha absolución e na actualidade existe outro proceso de venda fraudulenta onde até a data non se puideron probar as formas e xeitos nas que se produciu a venda recoñecendo unha simulación na reclamación de cantidades.

En relación á habitabilidade do domicilio nas medidas provisionais outorgadas polo xulgado de violencia de Ferrol presentouse fai xa varios meses un documento baseado en "Fallo dun erro material da sentenza" continuando á espera de resolución posto que o domicilio habitual da familia sempre foi Cabanas e non Pontedeume como así intenta xustificar como todo o resto Sr. J.S.C.

¡¡Non permitamos que nada nin ninguén as silencie!!!

Asociación Ve-la Luz

Foto de Marta Coral en ferrol360.es

COMUNICADO:
VE-LA LUZ FALA CO PRESUNTO MALTRATADOR DE CABANAS
Asoc. Velaluz Violencia de Xénero
velaluz.galicia@gmail.com
8 de outubro de 2013 01:48
http://www.asociacionvelaluz.es/

|||||||||||||||||||||||||||

A solidaridade parou un desafiuzamento en Cabanas


A solidaridade cidadán parou esta mañá un desafiuzamento en Cabanas.

Un representante do xulgado e unha dotación de tres vehiculos da Garda Civil achegaronse á vivenda ubicada na Urbanización Los Llanos no piñeiral da Magdalena en Cabanas. Máis de medio cento de cidadáns secundaron o chamamento da asociación Ve-la luz e sentáronse pacificamente diante do domicilio de Sandra M. Diante da situación, o representante xudicial desistiu de proceder ao lanzamento pero advertiu que se poderá intentar de novo calquera día, sen aviso previo. A asociación Ve la luz explicou as circunstancias deste caso, asociado á violencia de xénero, segundo denuncian. A presidenta de Ve-la luz, Gloria Vázquez, califica o feito como a venganza do maltratador.

Sandra M. e a sua irmá herdaron a casa dos seus pais. Foi vivir a ela cando casou. Despois de casar, enganada, asinou un documento privado co seu home, no que o recoñecia tamén como propietario da vivenda. Tras denunciar malos tratos, iniciou o proceso de divorcio. Nese período o ex-home vendeulle a vivenda de xeito fraudulento a un amigo, segundo a entidade. O novo propietario ordena agora executar o lanzamento, a pesar de que está recurrida a venda por fraude.
A asociación Ve la luz fala dun caso claro de indefensión da víctima e acusa ao sistema de perpetuar o maltrato.

O ex-home está na actualidade procesado por maos tratos, pendente de xuizo.  Segundo indicou esta mañá a irmá de Sandra, a ela concedeuselle a custodia do fillo que naceu na vivenda de Cabanas. Somentes ese feito, tería que valer para paralisar o lanzamento. Gloria Vázquez insiste na indefensión dos menores, víctimas tamén de maos tratos, e denuncia os lugares de encontro que denominou "pateras".

A Asociación Ve la luz anunciou esta mañá en Cabanas que encetará unha folga de fame a semana que ven ata que os fiscais non protexan ás mulleres maltratadas e aos seus fillos. O Foro Social Ferrolterra e representantes políticos de AGE, BNG e PSOE sumáronse á protesta.

Publicado en RadioFusión  | 07.10.2013

|||||||||||||||||||||

venres, 4 de outubro de 2013

Concentración en Cabanas ante a emerxencia dun inminente lanzamento de vivenda, como consecuencia dunha situación sostida de violencia machista

EMERXENCIA: LANZAMENTO DUNHA VIVENDA EN CABANAS

Concentración e apoio a Sandra, o Luns, 7 de Outubro, ás 10 da mañá fronte ao Areal da Praia de Cabanas, urbanización Los Llanos, nº3.

ESPALLA E DIFUNDE A CONVOCATORIA

Compañeiras e Compañeiros:

Onte pasaron-nos unha notificación de que se ía producir un lanzamento de vivenda en Cabanas, Urbanización Los Llanos nº3 (Na zona fronte ao piñeiral da Praia da Madalena, perto do Hotel Iberia).

Nós xa coñeciamos algo sobre este asunto, no que tivera que intervir o Valedor do Pobo, para que a esta muller a quixeran empadroar no Concello de Cabanas, pois o Secretario negaba-se. Mais o asunto non volveu saltar á luz até onte, onde a exposición da situación durou sobre seis horas, coa presencia da nosa avogada, un concelleiro de Cabanas e nós.

O asunto non é só o lanzamento da vivenda. Este desafiuzamento é consecuencia dunha situación de VIOLENCIA MACHISTA, a cal confirmamos a través da Asociación Ve-la Luz.

Sandra, que é así como se chama a persoa que van desafiuzar da súa casa, ten unha sentenza de divorcio logo de máis dun ano de espera, onde ten a custodia do seu fillo de tres anos de idade. Ten interposto unha demanda por venda fraudulenta da vivenda familiar, contra o seu ex-marido (o arquitecto Jorge Salgado Cortizas) que vendeu a vivenda familiar a un amigo, o farmacéutico ferrolán Antonio Torres Fernandez que é a persoa que demandou a Sandra e solicita o desafiuzamento da vivenda.

O ex-marido, está procesado por violencia de xénero, a espera de xuízo.

Sandra vive co seu fillo na casa, mais tamén coa súa nai e a súa irmá que son as que a protexen dun contorno de acoso constante.

Sandra necesita a axuda, a protección e o apoio que a maquinaria xudicial non lle facilita, frente ao seu agresor, e para parar un lanzamento inxusto.

Convocan: Stop-Desafiuzamentos (Adherida ás PAHs) - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra e a Asociación Ve-la Luz
(Asociación Galega para a defensa de mulleres e neñ@s vítimas da Violencia de Xénero e/ou abusos). E as compañeiras e compañeiros de Stop-Desafiuzamentos de Compostela.

Inácio (Comunicación)
645158113

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Redes Sociais:
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

Evento no facebook
:
https://www.facebook.com/events/613904661993569/

||||||||||||||||||

xoves, 3 de outubro de 2013

Xuntanza de Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, en Caranza, o xoves 10 de Outubro

Xuntanza de Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra

O Xoves 10 de Outubro, ás 5 da Tarde, Xuntanza de Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, en Caranza, no local de Fuco Buxán, Rúa Armada Española nº32, Baixo.

Proposta de orde do día:
  • Información e Análise do caso de Sandra (Cabanas).
  • Información Asemblea d'A Coruña.
  • Información reunión de coordenación galega e xuntanza no Parlamento Galego.
  • Novos casos: información e Acción.
  • Entrega de Vivendas en Recimil.
  • Outros asuntos se os houbera.
Saúde e Vivenda Digna !

forosocialdeferrolterra@gmail.com

facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com/

|||||||||||||||||||||||||||||

mércores, 2 de outubro de 2013

As traballadoras e traballadores sociais rexeitamos participar no programa de TVE 'Entre Todos' - O programa televisivo promove a substitución dos dereitos sociais pola caridade, sen respectar a dignidade das persoas

O Consello Xeral do Traballo Social denuncia como o formato contradí o seu Código Deontolóxico e promove a substitución dos dereitos sociais pola caridade, sen respectar a dignidade das persoas.

A presidenta do Consello, Ana Lima, rexeitou a invitación de asistir ao programa como asesora experta.


O Consello Xeral do Traballo Social (CGTS) esixe a TVE que elimine a emisión do programa Entre Todos, que estreou fai unhas semanas. O Consello denuncia que o programa, baseado na recadación de diñeiro para axudar a familias necesitadas, é un claro ataque ao Estado de Benestar, á universalidade dos dereitos sociais e só supón un parche para os problemas das familias, cuxa dignidade non se respecta.

O programa contradí o Código Deontolóxico do Traballo Social sempre que non aborda os problemas desde o punto de vista da universalidade da axuda, a planificación desa axuda, a confidencialidade dos datos da persoa afectada e que involucran á familia no seu proceso de recuperación económica e social, entre outros.

Por estas razóns, a presidenta do Consello, Ana Lima, rexeitou a invitación que lle fixo a dirección do programa para que participase no mesmo como asesora experta. Lima considera que a súa participación neste programa só podería xustificarse para manifestar a súa oposición ao mesmo.

Os e as traballadoras sociais consideramos inadmisible que a televisión pública estatal vulnere dunha forma tan evidente a dignidade das persoas, mediante un xornalismo en grao sumo amarelo e rancio que chama ao choro e potencia a mágoa cara á persoa necesitada. Rexeitamos esa actitude, sempre que defendemos a igualdade e dignidade social.

'Entre Todos' é un programa, que con outro nome -"Tiene Arreglo"- emitía até esta tempada Canle Sur. Foi naquela etapa cando a produtora chegou a dirixirse aos servizos sociais municipais andaluces para que os e as traballadoras sociais acreditasen si as persoas que chamaban pedindo axuda necesitábana ou non, algo que contradí por completo os principios da profesión, ao ter que revelar datos confidenciais, por exemplo. No seu día, o Consello Andaluz do Traballo Social emitiu un ditame profesional argumentando a súa negativa a participar.

O Consello Xeral do Traballo Social non se opón á solidariedade, a que os cidadáns contribuamos coas nosas accións cotiás a axudarnos entre nós. Pero esa axuda nunca debe substituír o sistema público de protección social, como está ocorrendo. Desde fai xa máis dun ano, os e as traballadoras sociais estamos denunciando un desmantelamento orquestrado do Estado de Benestar, que se acelerou nos últimos meses. Os recortes e eliminación das partidas sociais nos orzamentos (como o plan concertado), o endurecemento dos requisitos para obter axudas e os cambios lexislativos aplicados (moi patentes na Lei de Dependencia) e os que están en trámite parlamentario (a reforma da Administración Local eliminará os servizos sociais municipais) son algúns exemplos.

No seu lugar, o Goberno está executando unha campaña, de feitos e mediática, para xustificar o sistema de beneficencia preconstitucional, que con tanto esforzo superouse. O CGTS considera que Entre Todos é un exemplo máis desa nova dinámica. Por iso pide a súa retirada.

Na foto Ana Lima, Presidenta do Consello.

Publicada no Portal do Consello Xeral do Traballo Social en  18.09.2013

Web do programa Entre Todos na TVE1.


Enlace de Interese:
Web do Colexio Oficial de Traballadoras e Traballadores Sociais de Galicia:
http://traballosocial.org/

||||||||||||||||||