venres, 4 de outubro de 2013

Concentración en Cabanas ante a emerxencia dun inminente lanzamento de vivenda, como consecuencia dunha situación sostida de violencia machista

EMERXENCIA: LANZAMENTO DUNHA VIVENDA EN CABANAS

Concentración e apoio a Sandra, o Luns, 7 de Outubro, ás 10 da mañá fronte ao Areal da Praia de Cabanas, urbanización Los Llanos, nº3.

ESPALLA E DIFUNDE A CONVOCATORIA

Compañeiras e Compañeiros:

Onte pasaron-nos unha notificación de que se ía producir un lanzamento de vivenda en Cabanas, Urbanización Los Llanos nº3 (Na zona fronte ao piñeiral da Praia da Madalena, perto do Hotel Iberia).

Nós xa coñeciamos algo sobre este asunto, no que tivera que intervir o Valedor do Pobo, para que a esta muller a quixeran empadroar no Concello de Cabanas, pois o Secretario negaba-se. Mais o asunto non volveu saltar á luz até onte, onde a exposición da situación durou sobre seis horas, coa presencia da nosa avogada, un concelleiro de Cabanas e nós.

O asunto non é só o lanzamento da vivenda. Este desafiuzamento é consecuencia dunha situación de VIOLENCIA MACHISTA, a cal confirmamos a través da Asociación Ve-la Luz.

Sandra, que é así como se chama a persoa que van desafiuzar da súa casa, ten unha sentenza de divorcio logo de máis dun ano de espera, onde ten a custodia do seu fillo de tres anos de idade. Ten interposto unha demanda por venda fraudulenta da vivenda familiar, contra o seu ex-marido (o arquitecto Jorge Salgado Cortizas) que vendeu a vivenda familiar a un amigo, o farmacéutico ferrolán Antonio Torres Fernandez que é a persoa que demandou a Sandra e solicita o desafiuzamento da vivenda.

O ex-marido, está procesado por violencia de xénero, a espera de xuízo.

Sandra vive co seu fillo na casa, mais tamén coa súa nai e a súa irmá que son as que a protexen dun contorno de acoso constante.

Sandra necesita a axuda, a protección e o apoio que a maquinaria xudicial non lle facilita, frente ao seu agresor, e para parar un lanzamento inxusto.

Convocan: Stop-Desafiuzamentos (Adherida ás PAHs) - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra e a Asociación Ve-la Luz
(Asociación Galega para a defensa de mulleres e neñ@s vítimas da Violencia de Xénero e/ou abusos). E as compañeiras e compañeiros de Stop-Desafiuzamentos de Compostela.

Inácio (Comunicación)
645158113

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Redes Sociais:
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

Evento no facebook
:
https://www.facebook.com/events/613904661993569/

||||||||||||||||||