O próximo luns día 25 de outubro, Jose María Erauskin e Maite Ortiz, coñecidos por investigar e demostrar ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea a abusividade do Índice de Referencia dos Prestamos Hipotecarios I.R.P.H. Colaboradores de Stop Desafiuzamentos Guipúscoa e da coordinadora das P.A.H e colectivos Stop-Desafiuzamentos de Galiza, así como doutros colectivos polo dereito á vivenda en todo o Estado, reuniranse coa Defensora do Pobo Galego en representación da Coordinadora Galega.
Tratarán varios temas relativos a dificultades para facer efectivo o dereito a vivenda pero neste momento queremos destacar, xa que temos varias familias nesta situación, o incumprimento por parte da entidade financeira //Abanca, e en xeral de todas as entidades financeiras, do Real Decreto-lei 6/2012, de 9 de marzo, de medidas urxentes de protección de debedores hipotecarios sen recursos, coñecido como Código de Boas Prácticas, reformado pola Lei 1/2013, de 14 de maio, de medidas para reforzar a protección aos deudores hipotecarios, reestructuración de débeda e aluguer social.
Moitas entidades financeiras acolléronse voluntariamente, xa que o lexislador non o esixiu legalmente, o Real Decreto 6/2012 para aparentar unha mellor imaxe social pero están a incumprilo de xeito case sistemático. As medidas previstas no Anexo do Real Decreto actúan en tres niveis, medidas Previas, complementarias ou substitutivas a Execución hipotecaria e van dende a reestruturación da débeda para facilitar o pago, pasando por unha quita da débeda, ata a dación en pago e alugueiro social. A entidade está obrigada ofrecelas no momento que se produce o impago e coñece as dificultades económicas do prestatario.
Jose María Erauskin e Maite Ortiz que levan un caso dunha compañeira do Ferrol con un crédito hipotecario no Banco Santander xa advertiron o Banco de España, no seu momento, diste incumprimento. Respostándolle o 21 de xuño de 2019 nun escrito de 18 páxinas onde conclúe o Banco de España que a entidade Podería ter quebrantado a normativa de ordenación e disciplina e, en todo caso, as boas prácticas bancarias.
En Ourense o caso dunha compañeira que leva litigando dende o ano 2014 con //Abanca, pide axuda a Stop-Desafiuzamentos Ourense o 14 de febreiro de 2018, estando o procedemento xa en fase de poxa, faise cargo José María Erauskin e Maite Ortiz. Remata cun auto favorable emitido o 18 de setembro de 2019, de Sobresemento do Procedemento de Execución Hipotecaria, xa que o procedemento iniciouse en base a cláusula de rescisión anticipada declarada abusiva polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea o 26 de xaneiro de 2017. Neste auto o Xulgado de Primeira Instancia nº1 de Ourense ordena literalmente reintegrar á executada a situación anterior o despacho da execución para que poida seguir co pago do crédito, ademais liquida 902,46€ a seu favor e condenando a entidade a pagar as costas xudiciais. //Abanca que tiña a obrigación de ofrecerlle a nosa compañeira no ano 2014 acollerse o Código de Boas Prácticas, no momento do primeiro impago, evitándose o litixio. Non so non cumpriu con esta obrigación. Xa ditado o auto e liquidadas as costas, no 2019, intentou apoderarse indebidamente do diñeiro das costas xudiciais destinándoas ao pago do crédito, e sigue a día de hoxe sen cumprir co ditado no auto xudicial.
A gravidade dos feitos e tal en Galiza que, según Maite Ortiz e Jose María Erauskin, poderíasmos estar a falar de que máis da metade dos desafiuzamentos poderían terse evitado si se houbera cumprido o previsto neste Real Decreto, podendo chegar esta cantidade ata o 90% . Xa que unha das condicións para poder acceder o Código de Boas Prácticas e a relación do prezo da vivenda co número de habitantes da cidade onde este situada.
Lembramos que moitas entidades foron rescatadas, no caso de //Abanca con 9.000 millóns de euros con diñeiro público, e agora permítense actuar desta maneira contra as familias. As vivendas das cales as expulsan rematan na S.A.R.E.B (Sociedade para a xestión de Activos para a Reestruturación Bancaria), a maior inmobiliaria de Europa Intervida para soster os prezos a alza con 45.000 millóns de euros de diñeiro público.
Por todo isto acudimos ao amparo da Defensora do Pobo Galego a que dea traslado ao Poder Xudicial, e ao lexislativo que lle competa, para rematar de xeito efectivo e definitivo con esta praxe das entidades financeiras que tanto sufrimento está a causar.
Roberto Pereira
En representación da Coordinadora de P.A.H e colectivos Stop Desafiuzamentos de Galiza.
@PAHSTOPGALIZA
---