xoves, 4 de febreiro de 2021

Carlota no Corazón



"Foi-se unha grande da loita, artífice do sorriso de centos de familias, cómplice e fundadora de @PAHVIGO TUI, loitadora incansábel polos DDHH até o último día, pero sobre todo foi-se unha persoa marabillosa,valente, leal e xenerosa"

"Carlota sempre compañeira, amiga e loitadora.... Non che esquecemos!"


Este mércores 3 de febreiro de 2021, deixaba-nos a nosa compañeira Carlota

Carlota Pérez, formaba parte da Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) Vigo-Tui, só tiña 52 anos unha cruel enfermidade acabou coa súa vida en poucos días.

Desde 2011 Carlota estivo presente no movemento antidesafiuzamentos e por unha vivenda digna. O seu compromiso, a profunda solidariedade e a súa xenerosidade, estivo sempre na intensa actividade polos dereitos civís e humanos. Un traballo incansábel e un compromiso coas "Condenadas da Terra", na loita polo dereito a unha vivenda e vida dignas. Combateu os abusos bancarios e buscou solucións residenciais a quen o necesitaba. Denunciaba a falta de investimentos en vivenda pública social, reivindicaba un parque de vivenda pública e promoveu a nosa alternativa de Lei de Vivenda da Galiza.  A loita de Carlota está na mente de moitas e moitos de nós e a de todas as persoas que nos momentos máis difíciles sentiron o seu apoio e compromiso.

As compañeiras e compañeiros da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra - Stop Desafiuzamentos só temos palabras de agradecemento e lembranza, para tanta xenerosidade e amor. Carlota sempre na nosa memoria.

Ferrol, a 3 de febreiro, de 2021









---





---