sábado, 23 de xaneiro de 2021

Modificado o Decreto Antidesafiuzamentos do Goberno de medidas urxentes para facer fronte ás situacións de vulnerabilidade social e económica no ámbito da vivenda ..., por decreto públicado no BOE do pasado 20 de xaneiro de 2021



O Real Decreto-Lei 1/2021, de 19 de xaneiro, de protección dos consumidores e usuarios fronte a situacións de vulnerabilidade social e económica, publicado no BOE núm. 17, de 20/01/2021, na disposición final primeira, modifica o recente Real Decreto-lei 37/2020, de 22 de decembro que a súa vez modificaba nalgúns aspectos o Real Decreto-lei 11/2020, de 31 de marzo, de medidas urxentes para facer fronte ás situacións de vulnerabilidade social e económica no ámbito da vivenda.

Entre outros asuntos de interese, o real decreto-lei mencionado, publicado o pasado 20 de xaneiro, incorpora determinadas modificacións urxentes mediante as súas disposicións finais primeira a cuarta, o que afecta á vivenda, é a disposición final primeira.

Do Real Decreto mencionado o caso que nos corresponde está na Disposición Final Primeira que procede a modificar o Real Decreto-lei 11/2020, de 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19 (Sección 1.ª Medidas dirixidas a familias e colectivos vulnerables, do Capitulo I). Que a súa vez xa fora modificado polo R.D. Lei de medidas urxentes para facer fronte ás situacións de vulnerabilidade social e económica no ámbito da vivenda ... (Real Decreto-lei 37/2020, de 22 de decembro, de medidas urxentes para facer fronte ás situacións de vulnerabilidade social e económica no ámbito da vivenda, ...). Que analizabamos no post anterior publicado, nesta web, o pasado 24 de decembro de 2020.

Así, modifícase o artigo 1 bis introducido no Real Decreto-lei 37/2020, de 22 de decembro, de medidas urxentes para facer fronte ás situacións de vulnerabilidade social e económica no ámbito da vivenda e en materia de transportes, con obxecto de dar cobertura ás situacións nas que os procedementos de desafiuzamento e lanzamento afecten a persoas económicamente vulnerábeis sen alternativa residencial, até nas causas penais nas que o lanzamento afecte a persoas que carezan de título para habitar unha vivenda.

Esta modificación ampárase na competencia exclusiva do Estado atribuída pola regra 6.ª do artigo 149.1 da Constitución Española, que atribúe ao Estado competencia exclusiva en materia de lexislación procesal.

Texto:

Disposición final primeira. Modificación do Real Decreto-lei 11/2020, de 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19.

O Real Decreto-lei 11/2020, de 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19, modifícase nos seguintes términos:

Un. Modifícase o título e o apartado 1 do artigo 1 bis, que quedan redactados do seguinte xeito:

«Artigo 1 bis. Suspensión durante o estado de alarma do procedemento de desafiuzamento e dos lanzamentos para persoas economicamente vulnerábeis sen alternativa residencial nos supostos dos apartados 2º, 4º e 7º do artigo 250.1 da Lei 1/2000, de 7 de xaneiro, de Enxuizamento Civil, e naqueloutros nos que o desafiuzamento traia causa dun procedemento penal.

1. Desde a entrada en vigor do presente real decreto-lei e ate a finalización do estado de alarma declarado polo Real Decreto 926/2020, de 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2, prorrogado por Real Decreto 956/2020, de 3 de novembro, en todos os xuízos verbais nos que se sustancien as demandas ás que se refiren os apartados 2.º, 4.º e 7.º do artigo 250.1 da Lei 1/2000, de 7 de xaneiro, de Enxuizamento Civil, e naqueloutros procesos penais nos que se sustancie o lanzamento da vivenda habitual daquelas persoas que a estean habitando sen ningún título habilitante para iso, o Xuíz terá a facultade de suspender o lanzamento ate a finalización do estado de alarma.

Estas medidas de suspensión que se establecen con carácter extraordinario e temporal, deixarán de fornecer efecto en todo caso en canto finalice o estado de alarma declarado por Real Decreto 926/2020, de 25 de outubro, prorrogado por Real Decreto 956/2020, de 3 de novembro.»

Dous. Modifícanse as letras b) e c) do apartado 7 do artigo 1 bis, que quedan redactadas do modo seguinte:

«b) Cando se produciu nun inmóbel de propiedade dunha persoa física ou xurídica que o teña cedido por calquera título válido en dereito a unha persoa física que tiver nel o seu domicilio habitual ou segunda residencia debidamente acreditada.

c) Cando a entrada ou permanencia no inmóbel produciuse mediando intimidación ou violencia sobre as persoas.»

#DecretoStopDesafiuzamentos
---