Urxe responsabilidade política para frear a sangría dos desafiuzamentos
¡Empeza a conta atrás!
- O próximo 29 de setembro termina o prazo para manter a actual e ineficaz moratoria de desafiuzamentos ou ampliala e mellorala para realmente protexer a todas as familias vulnerábeis.
- Agora ou nunca é o momento dunha moratoria real dos desafiuzamentos para minimizar os efectos da crise sanitaria e ninguén perda a súa casa por non poder pagala.
Hoxe, as PAHs mobilizámonos para seguir esixindo unha moratoria real para todo tipo de desafiuzamento. A estas alturas sobran palabras para falar deste drama social, que xa se cobrou máis de 1.025.000 vítimas. Falamos de máis dun millón de familias que perderon o seu fogar por culpa das políticas de vivenda deste país ou a falta delas.
Por centrarnos no máis inmediato, a PAH levamos pedindo unha moratoria de desafiuzamentos desde os inicios do "Goberno máis progresista da historia". Logramos unha ampliación con certas melloras na moratoria das execucións hipotecarias e o compromiso de levar a cabo unha moratoria para os desafiuzamentos de alugueiro, xa que o non pago das rendas ante os elevados prezos, é a día de hoxe a causa do 70% dos desafiuzamentos que se producen. Unha moratoria inexistente a día de hoxe.
Durante o primeiro trimestre de 2020, ou o que é o mesmo, os primeiros 100 días do novo Goberno, en España producíronse 9.659 desafiuzamentos. Falamos dunha media de 200 lanzamentos diarios aos que o Goberno segue dando as costas. 200 familias que cada día perden o seu fogar sen ningún tipo de solución, alternativa ou futuro.
Aínda así e con toda a crise económica derivada da pandemia por COVID-19, o único que fixeron desde o executivo, é un Decreto totalmente ineficaz que pretenderon vender como unha moratoria de desafiuzamentos, nada máis lonxe da realidade. Dita moratoria, céntrase exclusivamente en casos de non pago de alugueiro que se poida demostrar unha vinculación directa coa COVID-19 como motivo de caída ou falta de ingresos. Si xa de entrada están deixando atrás moitos sectores da poboación que xa non poden demostrar este requisito, é unha aberración non contemplar ningún tipo de medida de protección ás miles de familias que xa viñan sendo vulnerábeis antes da pandemia, protagonistas deses 200 desafiuzamentos diarios que seguen sen ningún tipo de alternativa.
Desde a PAH, unha das nosas esixencias e loitas históricas é o fin dos desafiuzamentos, algo máis necesario que nunca a día de hoxe. Desde o principio do estado alarma, envorcamos todo o noso esforzo en frear esta verdadeira alarma social, suscitando e demandando un Decreto que sexa unha moratoria real para todo tipo de desafiuzamentos mínimo ate o 31 de decembro de 2021.
Este Decreto evitaría que miles de familias vulnerábeis, pre e post coronavirus, vexan violado o seu dereito a teito por causas sobrevidas. Un muro de contención durante máis dun ano, para dar tempo a ver os efectos reais desta nova crise, que xunta-se coa anterior, na vida das persoas. Gañemos tempo para seguir construíndo e traballando ao servizo da cidadanía, nunha lexislación que nos protexa e que faga efectivas medidas para que pasado este tempo, non sigamos igual e teñamos resposta e solución a estes miles de familias en portas de perder o seu fogar sen ningún tipo de segunda oportunidade para refacer as súas vidas.
Este Goberno que tanto presume de estar ao lado da xente, de querer ser o Goberno para un auténtico cambio social, ten nas súas mans pasar das palabras aos feitos. Non permitir que a clase traballadora siga pagando as crises, mentres os especuladores de vida saen de rositas. Para un verdadeiro cambio e acabar coa crise da vivenda e a violación de dereitos fundamentais e constitucionais, é necesario:
1. Frear os desafiuzamentos
2. Regular o prezo do alugueiro
3. Mobilizar as vivendas baleiras en mans da banca e fondos voitre, así como acabar cos seus privilexios
4. Fomentar os alugueiros sociais en función de ingresos para as familias máis vulnerábeis
5. Creación de parque público de vivenda accesíbel
6. Axudas para pequenos propietarios que non poidan cobrar o seu alugueiro
Pero como o camiño faise andando, o Goberno Progresista ten nas súas mans a posibilidade de lexislar unha moratoria de desafiuzamentos a partir de xa, en lugar de só suscitarse unha ampliación do Decreto ineficaz actual, vixente ate finais deste mes.
Mentres eles mostran estar máis preocupados polos intereses dos especuladores, a PAH e os cada vez máis numerosos movementos de vivenda estamos, cada día na rúa evitando desafiuzamentos, unha violación de dereitos constitucionais dos que cada día que pasa son máis cómplices. Si non queren pasar á historia como o Goberno da fraude continuista das políticas antisociais do PP, xa vai sendo hora de demostralo.
Si se pode pero non queren un #DecretoStopDesafiuzamentos
PAH | 21/09/2020
---