xoves, 21 de maio de 2020
Reunión da PAH co Secretario Xeral de Vivenda, David Lucas - Vinculada á campaña: "Vivenda Por Dereito" e facendo fincapé á situación actual provocada pola crise sanitaria, retoman as negociacións que se viron truncadas polo confinamento e o estado de alarma
Vinculada á campaña da PAH: "Vivenda Por Dereito" e facendo fincapé á situación actual provocada pola crise sanitaria, retoman as negociacións co Secretario Xeral de Vivenda que se viron truncadas polo confinamento e o estado de alarma.
O mércores 20 de maio, mantivemos unha reunión virtual co Secretario Xeral de Vivenda David Lucas. Convocáronnos a manter este encontro o 16 de marzo, para dar continuidade á campaña de "Vivenda por Dereito" que arrincamos en febreiro e da cal xa recolleramos algúns froitos como a ampliación e mellora da moratoria hipotecaria ou o anuncio dunha futura moratoria dos desafiuzamentos por alugueiro.
Desde entón a situación cambiou desfavorabelmente e aumentado a urxencia residencial. Son máis necesarias que nunca medidas valentes para asegurar o benestar das familias e que non aumente o número delas que se vexa forzada a perder o seu fogar ante unha situación de crise global.
Na reunión, tras unha análise da situación e de como chegamos ate aquí, mostramos o noso desacordo cos últimos decretos insuficientes e á práctica ineficaces, aprobados para axudar ás inquilinas e ás persoas hipotecadas.
Suscitamos as nosas emendas para a tramitación parlamentaria do Proxecto de Lei do RDL 11/2020 e saímos co compromiso dunha nova reunión en xuño para profundar nelas, tras recoñecer a insuficiencia dos decretos aprobados ate agora. Emendas recolleitas nun documento que xa fixemos chegar a todos os grupos parlamentarios, quedando por ver quen as defende e quen non. Ou o que é o mesmo, quen está ao lado das familias e quen non. O noso obxectivo é que non se repita o sucedido na crise do 2008, que realmente non se deixa a ninguén atrás e que non sexa a cidadanía a que acabe pagando os efectos da crise sanitaria. Á vez que non se tomen medidas só para as afectadas pola crise actual e se teña en conta ás familias que xa estaban en vulnerabilidade antes da pandemia.
As nosas emendas, que xa presentaremos en profundidade, céntranse en:
➤ Exoneracións do pago tanto de hipotecas como de alugueiros ate, como mínimo, o 31 de decembro do 2021, para as familias en situación de vulnerabilidade. Diferenciando claramente entre pequenos propietarios, grandes propietarios -a partir de máis de 5 vivendas- entidades financeiras, socimis e fondos de investimento e entidades públicas.
➤ Suspensión de todos os desafiuzamentos de unidades de convivencia sen alternativa residencial de forma indefinida ou, como mínimo, ate o 31 de decembro do 2021 e establecemento do xuízo de proporcionalidade que vén reclamando a España o Comité DESC.
➤ Extensión das medidas a todas aquelas familias que están en situación de vulnerabilidade, provocada previa ou durante a crise sanitaria
➤ Redución e modificación de requisitos que burocratizan o procedemento e que exclúen a moitas familias da aplicación das medidas.
➤ Alongar o tempo necesario a protección das medidas para facer fronte ás consecuencias da COVID-19, como mínimo ate 31 decembro do 2021, podendo adoptarse o criterio que permita obxectivar a recuperación económica (como o aumento do PIB ou do emprego).
➤ Obrigar á banca a revisar todas as solicitudes que fosen denegadas por incumprir os anteriores requisitos. Tanto en materia de hipotecas como de alugueiros, terán que ser revisadas por si cumprisen cos requisitos que aquí se inclúen.
➤ Parque público e función social da Vivenda. Desenvolvemento de medidas tendentes á utilización como Parque Público Temporal de vivendas inxustificadamente desocupadas en mans de grandes tenedores, como forma de corresponsabilidade social e compensación polo rescate anterior, para dar á Vivenda o tratamento que lle corresponde como ben social, apartándoa de ser un mero ben de consumo e especulación.
Estas emendas non deixan de ser unha reafirmación do que levamos esixindo fai anos. Medidas claras ante unha situación á que xa se podería poñer freo de haberse lexislado a nosa ILP Hipotecaria de 2013 ou a Lei Vivenda PAH que se viu truncada pola moción de censura ao goberno do PP. Neste sentido tamén falamos dunha lei integral de vivenda. Somos coñecedoras de que o PSOE ten redactada unha e insistimos na necesidade de que a PAH podamos revisar e incidir nese texto antes do seu futuro rexistro.
O resultado da reunión de hoxe, poderiamos valoralo de positivo xa que vimos unha clara predisposición a colaborar connosco e outras entidades sociais no desenvolvemento para garantir o Dereito á vivenda. alcanzamos o compromiso de manter reunións periódicas para a elaboración dunha Lei de Vivenda, que debería entrar en vigor nesta lexislatura, así como do próximo Plan Estatal de Vivenda e empezar a abordar como debe consolidarse o parque público tendo en conta a vivenda baleira e en mans de SAREB.
Queda moito traballo por diante. Máis cando lamentablemente esta crise volveu a demostrar o que a PAH leva denunciando nos seus 11 anos de existencia: que a vivenda é un dereito humano e que se debe garantir o seu acceso a todos os cidadáns. De non facelo seguiremos tendo vidas en xogo e de habernos escoitado antes salvarían-se vidas humanas, truncadas ante a desesperación de quedarse sen fogar.
Desde a PAH recollemos a man tendida hoxe, pero non deixaremos de denunciar a situación ate que estea garantida, como fixemos sempre. Non imos permitir que se siga apoiando desde o Goberno á banca e fondos voitres a costa do sufrimento da cidadanía á que din representar. Seguiremos presionando e esixindo que se inclúan as nosas propostas para garantir o dereito á vivenda para todas. Non queremos máis parches de escaparate que sigan deixando a miles de familias na miseria. Queremos cambios estructurales que reviertan a situación.
Mentres, seguiremos traducindo a linguaxe humana as propostas do Goberno, visibilizando as súas carencias e defendéndonos ante elas nas nosas asembleas, para protexer e apoiar ás familias. fomos capaces de sobrevivir a última década e volverémolo a facer. Esta vez píllanos organizadas, coa experiencia necesaria e con máis motivos que nunca.
Porque si se pode non deixar a ninguén atrás.
#VivendaPorDereito
Fonte: PAH. | 20.05.2020
---