luns, 10 de decembro de 2018

Os desafiuzamentos seguen en aumento até niveis históricos segundo o CGPX - Convocara-se unha grande mobilización polo Dereito á Vivenda



Os desafiuzamentos seguen en aumento até niveis históricos segundo o CGPX. | Convocara-se unha grande mobilización polo Dereito á Vivenda.


Segundo datos feitos públicos hoxe polo CGPJ, no terceiro trimestre deste ano, producíronse no Reino de España 11.547 novos desafiuzamentos, dos cales 3.404 son consecuencia de execucións hipotecarias, 7.518 de non pagos de alugueiro e 625 por outras causas. A aparente redución con respecto ao trimestre anterior, débese exclusivamente a que neste trimestre inclúese o mes de agosto, inhábil xudicialmente, e no que non se executan desafiuzamentos. En total, de xaneiro a setembro de 2018, ambos incluídos, producíronse 44.606, e, dado que desde o Goberno, e pese á súa reiterada retórica respecto diso, non se adoptou medida algunha, poderiamos acabar o ano en cifras próximas ás maiores dos anos en crises, como as de 2013.

Con estes datos, que ratifican de novo as valoracións efectuadas pola PAH sobre a situación de emerxencia residencial, as burbullas do alugueiro e a compra de vivendas, das que xa alerta até o FMI, a xente neste país enfróntase por unha banda á inacción do Goberno, que podería aprobar xa decretos que paliasen en parte os efectos da LAU do PP ou cumprindo cos seus compromisos internacionais en materia de Dereitos Humanos; pola contra, constatamos unha posición negativa do PSOE en relación coa Lei de Crédito Inmobiliario, branqueando ou moderando cláusulas xa declaradas abusivas polos tribunais como a importante do Vencemento Anticipado e excluíndo a dación en pago así como a limitación da responsabilidade, o que vai permitir que a xente poida seguir sendo desafiuzada e permanecer despois endebedada, en lugar de aproveitar para facer unha lei cumpridora dos estándares europeos.

Ademais, enfrontámonos ao bloqueo de feito da Lei de Vivenda da PAH por parte de PP e Cs, que, mediante o fraudulento regulamento do Congreso, andan pedindo cada semana prórroga do prazo de presentación de emendas, impedindo que se inicie a súa trámite en comisión e se avance en facer realidade unha Lei da cidadanía que dá resposta real a esta situación moi grave de emerxencia residencial.

É por todas estas cousas, que a PAH aprobamos este fin de semana na XXIV Asemblea Estatal realizada en Valencia, lanzarnos a mobilizacións ante este estado de cousas, buscando axuntar forzas mediante a colaboración e convocatoria con outros colectivos e movementos sociais que, como nós, defenden Dereitos Sociais que son transversais para toda a cidadanía e que están en grave risco, como consecuencia das políticas neoliberais, e de submisión á banca, que se veñen efectuado desde os poderes públicos.

Pronto faremos unha gran mobilización polo Dereito á Vivenda en todo o territorio do Estado, e en Europa; pronto, unidos os Movementos sociais, faremos unha gran mobilización por todos os Dereitos Sociais.

Pode-se!

STOP DESAFIUZAMENTOS

---