Este venres 30 de novembro, está previsto que se celebre a vista polo desafiuzamento de Caranza, dunha muller con dúas nenas menores ao seu cargo. A demanda de desafiuzamento produce-se por non poder pagar os recibos de alugueiro, por falta de recursos económicos. | Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra e a PAH de Ferrol e Comarca, convocan unha concentración, este venres ás 12 do mediodía diante dos xulgados de Ferrol, para denunciar esta situación e reclamar unha alternativa residencial, mentres que se paralice o desafiuzamento.
Conforma unha unidade familiar xunto as súas dúas fillas menores, de 9 e 7 anos de idade. Divorciada, percibe 130 euros en concepto de manutención das nenas. E na actualidade está en situación de desemprego, sen percibir prestación económica algunha.
En xuño deste ano percibía unha prestación económica da RISGA de 543,22 euros, menos os 130 de manutención: 413,22 euros ), mais causou extinción da mesma por acordo do Servizo de Prestacións da Xefatura Territorial de Política Social da Coruña, por mor dun suposto incumprimento do seu proxecto de integración social. Prestación que segundo notificación, non pode volver a solicitar a mesma, pasados 6 meses (Decembro deste ano 2018).
Como consecuencia da extinción da prestación, está nunha situación case total de carencia de recursos económicos, que lle obrigou a non poder pagar o alugueiro da casa onde viven na actualidade.
O pasado 6 de Novembro, recibiu do Xulgado de 1º Instancia nº2, a cédula de requirimento, para que abandone a vivenda no prazo de dez días e/ou pagar as cantidades reclamadas na demanda e as endebedas até o día de hoxe, ou do contrario celebrara-se xuízo de desafiuzamento, xa fixado, para o vindeiro 30 de novembro. E mesmo está fixado o lanzamento da vivenda para o 27 de decembro.
Na actualidade non dispón de recursos económicos para facer fronte ao pago da débeda.
Os servizos sociais do Concello son coñecedores da situación, servizo de Ferrol do Programa Reconduce da Xunta de Galicia e a Oficina de Vivenda da Casa Social do concello de Ferrol, son coñecedores da súa situación e están tramitando o bono de alugueiro social, mais que se lle indica que vaia buscando vivenda, sen ter ela unha garantía, nin salario ou prestación económica que avale, polo que a súa busca de vivenda de alugueiro no mercado de vivenda de Ferrol, está condenado ao fracaso. Xa nesta vivenda da que vai ser despexada, para aluga-la tivo que pedir favor ao seu ex-marido, para que a avalara, mais non sendo suficiente tivo que figurar como arrendatario xunto con ela, coas consecuencias de ver-se na actualidade tamén demandado.
Desde Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra e a PAH de Ferrol e Comarca demandamos unha alternativa residencial e mentres que se paralice o desafiuzamento. Mesmo ten-se-lle remitido escritos a Política Social da Xunta, o IGVS e ao Concello.
Por unha vivenda digna e adecuada, non aos desafiuzamentos.
Na Concentración deste venres 30 de novembro, ás 12 diante dos Xulgados de Ferrol, tamén lembraremos a Alicia, tiña 65 anos vivía en soidade, a orde xudicial de desafiuzamento chamaba a súa porta acompañada das forzas de orden público, suicidou-se: Un novo asasinato a mans dun sistema inxusto.
Ferrol, a 29 de novembro, de 2018
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
forosocialdeferrolterra@gmail.
http://stop-desafiuzamentos-
Relacionado.-
Amnistia internacional denuncia no seu Informe 2017
Dereito á vivenda
En 2017, o Estado Español viviu un total de 26.767 desaloxos por non pago de alugueiro e 16.992 por execución hipotecaria. A persoas que sufriron estes desaloxos forzosos víronse na rúa sen garantías xudiciais adecuadas nin provisión de aloxamento alternativo polo Estado, recoñece Amnistía. Algúns deses casos son o de Mónica, o de Tamara ou o de Antonia.
O gasto público en vivenda continuou diminuíndo malia que persiste unha gran demanda de vivenda social asequíbel, cuxa escaseza afectaba especialmente ás nais solteiras e ás sobreviventes da violencia de xénero.
__________