xoves, 22 de febreiro de 2018

Si non se sentan, levantamos-nos - O sábado 3 de marzo terá lugar unha grande mobilización en Madrid en defensa da Lei de Vivenda da PAH - En Ferrolterra, como noutras comarcas da Galiza, concentraremo-nos o mesmo día, ás 12 do mediodía, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol



Si non se sentan, levantamo-nos

Hai moitos anos que os movementos veciñais de barrio e plataformas polo dereito a unha vivenda digna, activaron sen cesar como movemento social, mais desde hai nove anos o movemento antidesafiuzamentos conformou unha plataforma que ía dar moito que falar, pola súa organización, acción social e denuncia dos abusos bancarios, mais sobre todo pola constancia na concienciación da necesidade do cambio lexislativo, para garantir o dereito efectivo e real a unha vivenda digna.

Na Galiza, autonomamente foron-se constituindo plataformas e colectivos, pola necesidade apremiante da defensa da vivenda e contra os abusos bancarios. Logo constituimos unha Coordenación Galega, sen perder a autonomía de cada colectivo e plataforma local.

Nove anos pasaron desde que naceu a PAH e todos os movementos, redes e colectivos de stop desafiuzamentos e por unha vivenda digna. Loitando para facer real o dereito á vivenda. Nos que se pararon miles de desafiuzamentos e e foron realoxadas centos de familias.

Son nove anos nos que se cambiaron leis e presentado mocións en concellos e comunidades autónomas. Perante anos de goberno do Partido Popular foron constates as trabas para que ese dereito á vivenda non sexa efectivo. Conseguiron-se leis autonómicas que na súa grande maioría sufriron o acoso do Partido Popular e do Goberno Español, recorréndoas ante o Tribunal Constitucional.

Acordaron-se medidas paliativas para casos de vulnerabilidade económica máis extrema e se lexislou con reformas que non ían á raíz do problema, para atenuar o grave problema dos desafiuzamentos e abusos bancarios.

As numerosas sentenzas do Tribuna de Xustiza da Unión Europea, condenando á administración española, veñen confirmar unha lexislación obsoleta e abusiva que só beneficia ás entidades bancarias que se lles permitiu abusar e roubar miles de millóns de euros na formalización dos prestamos bancarios, con cláusulas e comisións abusivas. Destapadas, en plena "crise" económica, pola PAH e outros colectivos, aflorando unha grande estafa á persoas e ás familias. O estado converteu o dereito á vivenda, no dereito a hipotecar-se, e un grande número de persoas caeron no feitizo do sistema, na realidade baseado no latrocinio e no enriquecemento duns poucos e no empobrecemento de millóns de persoas.

Pouco mellorou a situación estes nove anos, agora enfróntamo-nos a unha nova burbulla inmobiliaria e por iso a PAH rexistrou no Congreso, o pasado 10 de xaneiro, unha Lei de todas, a Lei de Vivenda PAH. Unha Lei de mínimos, mais uns mínimos moi importantes. Unha Lei necesaria para centos de miles de persoas que despois de perder a vivenda quedaron cunha importante débeda, produto dos abusos e da usura bancaria. Unha Lei que defende ás familias, unha lei con cinco demandas básicas:
  1. DACIÓN EN PAGO RETROACTIVA.
  2. ALUGUEIRO ACCESÍBEL E ESTÁBEL.
  3. STOP DESAFIUZAMENTOS.
  4. VIVENDA SOCIAL.
  5. SUBMINISTROS GARANTIDOS (Luz, auga e gas).
Unha vez rexistrada esta Lei de Vivenda PAH no Congreso, o Partido Popular, apoiado por Ciudadanos, pretende vetar a Lei, é por iso polo que nos estamos mobilizando e o vindeiro sábado 3 de marzo, haberá unha grande Manifestación Estatal en Madrid. Na Galiza a Coordenación Galega de PAH e Colectivos Stop Desafiuzamentos e polo Dereito a Unha Vivenda Digna e Accesíbel, mobilizamos en todas as cidades galegas, en apoio a esa Lei Estatal e cinguimos forzas para que o Partido Popular non a vete e volva, de novo, a tombar as ilusións e o dereito a teito de miles de familias. É hora de dicir-lle ao Partido Popular que xa BASTA, por iso convidamos-vos a todas o próximo 3 de marzo a mobilizar-vos uns na Galiza nas diferentes cidades e quen poida á GRAN MANIFESTACIÓN que está convocada en Madrid.

Difunde a convocatoria, polos teus contactos, grupos de whatsApp, redes sociais...

¡Esperámosche o 3 de marzo!

Pode-se!

En Ferrolterra, concentraremo-nos este sábado 3 de marzo, ás 12 do mediodía, na Praza Amada Garcia (Diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol).

Contacta coas plataformas e colectivos que conforman a Coordinación Galega das PAH e Colectivos de Stop Desafiuzamentos e Vivenda Digna - @pahstopgaliza

https://www.facebook.com/PAHSTOPGALIZA/

A Coruña
desahucios.coruna@gmail.com
http://stopdesahuciosacoruna.blogspot.com.es
https://www.youtube.com/user/Desahuciosacoruna
Teléfono: 617 82 95 47
Rua A Paz, 16 A Coruña.

Barbanza

Comarca do Barbanza
Concellos: Riveira, A Pobra, Boiro, Rianxo e Porto do Son.Asamblea
: c/ Rua de Galicia nº93 – 1º
E. mail: j.mpena@hotmail.com
Teléfono contacto: 670458406

Compostela

Stop Desafiuzamentos Santiago de Compostela
Correo-e: stopdesahucioscompostela@gmail.com
Teléfono: 602477386
https://www.facebook.com/StopDesahuciosCompostela/

Do Morrazo

Email: pahdomorrazo@gmail.com
Teléfono:629288218 672737212
Web: pahdomorrazo.blogspot.com

Ferrolterra
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra
PAH de Ferrol e Comarca
Encontro
: Rúa Armada Española, 32 Baixo (Caranza - 15406 Ferrol)
Email: forosocialdeferrolterra@gmail.com
Teléfono: 645 158 113
Blog: http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra/
PAH de Ferrol e Comarca.
@pahferrol
ferrolterrapah@gmail.com
https://www.facebook.com/pahferrol/

Lugo

@StopDesafiuzamentosLugo
Blog: http://stopdesahucioslugo.blogspot.es
Teléfono: 657 774 623
Correo: pahstopdesahucioslugo@gmail.com
facebook: https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosLugo/

Ourense

Stop Desafiuzamentos Ourense.
E-mail: stopdesahuciosourense@gmail.com
Twitter: https://twitter.com/STOP_OURENSE
Facebook #StopDesafiuzamentosOurense
Teléfono: 620 128 963

Ponteareas

Asamblea: Jueves o Viernes cada 15 días en
C/ Castiñeira, 1 (estación de autobuses)
Email:  pahponteareas@gmail.com
Teléfono: 642 275 458
Facebook
@PAHPonteareas

Pontevedra

Asamblea: Los sábados cada 15 días,16.30h en c/Sor Lucia 2,  4º
Email:  pahpontevedra@gmail.com
Webhttps://pahpontevedra.com/ 
Teléfono688 991 070
Facebook
@PAHPontevedra

Vigo- Tui. Baixo Miño e Redondela

Vigo - Tui
Teléfono: 661449328
Información de contacto
Chamar 626 922 305 - 626 884 539 (Vigo-Mos-Porriño) 603 424 744 (Salceda de Caselas-BaixoMiño)
@PAHVigoTui
stopdesahuciostbm@gmail.com
http://stopdesahuciostbm.wordpress.com/
https://twitter.com/PAHVigoTui

----