xoves, 11 de xaneiro de 2018
Case 20.000 desafiuzamentos no terceiro trimestre deste ano en todo o territorio do Estado
Segundo os datos do CGPJ feitos públicos o 14 de decembro de 2017, no terceiro trimestre deste ano presentáronse nos xulgados 5.518 novas execucións hipotecarias, e producíronse 19.606 novos desafiuzamentos en todo o Estado. Seguen baixando os derivados de execución hipotecaria, froito da "tregua" que mantén os procedementos paralizados nos, xulgados á espera de senllas resolucións do TXUE sobre as cláusulas de vencemento anticipado e de intereses de demora. E continúa o ascenso imparábel dos desafiuzamentos como consecuencia de non pago do alugueiro que aumentan un 4,2%, como consecuencia da indefensión que sofren os inquilinos como consecuencia das reformas da LAU, a burbulla que están xerando nos prezos do alugueiro o cambio a usos turísticos de vivendas que antes eran residenciais, e por suposto dos baixos salarios que impiden cada vez máis o acceso a unha vivenda digna.
Esta brutal cifra de case 20.000 desafiuzamentos, pon novamente de manifesto o grave incumprimento por parte do Estado das recomendacións contidas no ditame de Comité de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais da ONU do pasado mes de xuño, no que se requería un prazo de 6 meses para establecer unha serie de modificacións lexislativas, xudiciais e sociais, que o Goberno parece estar ignorando até o momento.
Desde a PAH consideramos que, o Dereito Fundamental de acceso a unha vivenda digna no noso país, só será posíbel mediante a aprobación e aplicación íntegra da Lei de Vivenda da PAH, que esperamos rexistrar no Congreso o próximo 10 de xaneiro, e por ela continuaremos a mobilización necesaria até a súa aprobación.
PAH Estatal. | 14/12/2017 | Ir á Web.
#LeidaVivendadaPAH
Estatística sobre Execucións Hipotecarias (EH). | Terceiro trimestre de 2017. | Datos provisionais. | Ir á nota de prensa do INE.
||||||||||||||||||||