xoves, 11 de xaneiro de 2018

A Lei de Vivenda Estatal que defende a PAH, conten os cinco puntos esenciais da Loita histórica do movimento antidesafiuzamentos e por unha vivenda digna, accesíbel e adecuada - "Pode-se" vivir baixo un teito digno



Vivimos tempos difíciles, só necesitas poñerche as noticias para darche conta (si é que non o sofres); con todo, hai algo que move o mundo, e non é a economía, senón a implicación entre persoas para darse agarimo, apoio, axuda. É fácil, na PAH poñémolo en práctica cada día, con cada familia que ten un problema por conservar ou manter a súa vivenda. Este pequeno xesto é poderoso, xa que recupera a esencia do que somos, e isto é comunidade.

Durante moitos anos as familias estivemos coidándonos e loitando polos casos que viñan, pero chegou o momento de que TODAS loitemos polos casos de todas, polo noso futuro, polo dos nosos fillos e fillas. A Lei que rexistramos no Congreso é de todas; nela van os nosos saberes para que todas esteamos protexidas polo dereito á vivenda. As nosas voces son pequenas, pero unidas son infinitas; todo, grazas á colaboración, que replica, resoa e amplifica o "Pode-se" vivir baixo un teito digno.

    
1. DACIÓN EN PAGO RETROACTIVA.

  • Mecanismos de segunda oportunidade para conceder a dación en pago e a condonación da débeda.
  • Inembargabilidade da vivenda habitual de avalistas.
  • Eliminación de cláusulas abusivas e compensación económica polas mesmas.
  • Derrogación da responsabilidade ilimitada dos deudores hipotecarios.
2. ALUGUEIRO ACCESÍBEL E ESTÁBEL.
  • Reforma da LAU para dar seguridade e estabilidade.
  • Ampliación a un mínimo de 5 anos e/ou fórmulas nas cales o contrato só póidase rescindir en casos concretos de urxencia.
  • Establecer un marco de regulación dos prezos que corresponda aos ingresos da poboación
3. STOP DESAFIUZAMENTOS.
  • Moratoria sobre desafiuzamentos de primeira e única vivenda.
  • Transparencia na cesión de créditos a fondos de titulización.
  • Obrigación de bancos e grandes tenedores de vivenda de ofrecer o alugueiro social ás familias afectadas antes de executar un desafiuzamento.
  • Axudas a pagar o alugueiro cando o propietario é un pequeno tenedor.
  • Obrigatoriedade da Administración Pública a ofrecer realoxos ata fronte a casos de ocupación.
  • Asegurar o Dereito de Arraigo nos realoxos, ofrecéndolles no mesmo municipio e barrio.
  • Obrigatoriedade da Administración Pública a ofrecer realoxos ata fronte a casos de ocupación.
  • Asegurar o Dereito de Arraigo nos realoxos, ofrecéndoos no mesmo municipio e barrio.
4. VIVENDA SOCIAL.
  • Mobilización de vivenda baleira mediante a cesión obrigatoria.
  • Incrementar o parque público de vivenda.
  • Alugueiros Sociais non superiores ao 30% dos ingresos da unidade familiar.
5. SUBMINISTROS GARANTIDOS.
  • Principio de Precaución: garantía de non cortar os subministros básicos de auga, luz e gas sen antes ter información sobre a situación das afectadas.
  • Tarifa Social: pago en función da capacidade adquisitiva.
  • Non asumir as débedas con recursos públicos, obrigando ás subministradoras a que asuman o custo das familias que non poidan pagar.
Texto integro da Lei Rexistrada no Parlamento Español este 10 de xaneiro de 2018. | Acceder/Baixar.

Sitio web oficial da PAH Estatal para a Lei da Vivenda. | Ir á Web.

||||||||||||||||||||||