luns, 8 de maio de 2017
A Vivenda como Problema - Desde o comezo da crise económica en 2008, decenas de miles de persoas que non podían manterse ao día no pago da vivenda foron brutalmente desafiuzadas
"Desde o comezo da crise económica en 2008, decenas de miles de persoas que non podían manterse ao día no pago da vivenda foron brutalmente desafiuzadas. Os desafiuzamentos por falta de pagamento de alugueiro aumentaron alarmantemente, segundo Amnistía Internacional, producíronse 144.055 desaloxos por falta de pagamento de alugueiro desde o ano 2013..." E miles de familias foron desafiuzadas por falta de pagamento das súas hipotecas.
Mais podemos afirmar que dez anos despois do inicio da recesión económica, a crise da vivenda en España non terminou, pero se cambiaron moitas cousas. A primeira é a presenza dun movemento social poderoso, a PAH é sen dúbida o actor fundamental deste movemento, aínda que non o único.
Segundo o foco desprazouse aos desafiuzamentos por alugueiro e isto por varios motivos o primeiro a súa crecente importancia numérica, segundo a ausencia de medidas por parte do Goberno e terceiro a falta de pagamentos de alugueiro poñen sen dúbida a relación que hai entre a crise económica, a precariedade laboral, os baixos salarios, a ausencia de dereitos, en definitiva que o traballo xa non é unha fonte de dereitos e de identidade cada vez hai menos xente que saiba que polo obxecto de ser traballadora ten uns dereitos garantidos e seguridade para toda a súa vida.
O Goberno do PP aburado por un Movemento Social poderoso, pola presión das sucesivas sentenzas Europeas e a necesidade de “protexer á Banca” moveu ficha. Non podemos dicir que as recentes medidas coñecidas como “medidas urxentes para reforzar a protección dos debedores hipotecarios”, as sucesivas modificacións do coñecido como “Código de Boas Practicas” non sexan mais que algo “cosmético” e que non sirvan para nada. En principio que dúbida cabe que o “Codigo” serviunos para forzar a negociación cos Bancos e lograr cousas, insuficientes si, mais que a moitos afectados "valeu-lles" o "Código" e as súas melloras dando ao Goberno unha imaxe de que fai algo e iso non é indiferente.
Por contra a loita pola Vivenda como dereito, entendida como a loita por “ter un fogar”. Permítenos coller impuxo, poñendo de manifesto a trampa da vivenda insegura, a ausencia do dereito ao arraigamento.
Que a primeira vivenda non é un negocio, senón unha necesidade. Permítenos poñernos á fronte do cambio de rumbo na loita polo dereito a unha Primeira Vivenda Estable e Accesible, é dicir un fogar.
Por un PARQUE PÚBLICO DA VIVENDA e Alugueiros Sociais non superiores ao 30% dos ingresos da unidade familiar.
Mobilización de vivenda baleira mediante a cesión obrigatoria.
SUBMINISTRACIÓNS Garantidas e
Loita contra a EXCLUSIÓN SOCIAL mediante as RENDAS BASICAS de INCLUSIÓN
Lémbranos que debemos pedir responsabilidades polos Desafiuzamentos cometidos e isto lévanos a dicir ben alto que a SAREB é nosa.
A loita pola Vivenda é a loita polos nosos barrios e “cidades habitables”...
Publicado en: https://stopdesahuciostbm.wordpress.com/2017/05/07/la-vivienda-como-problema/ | Web da PAH Vigo Tui
|||||||||||||||||||