martes, 10 de xaneiro de 2017

Acción de Protesta e Denuncia diante dos Xulgados de Ferrol ante un novo Xuízo de Desafiuzamento e para demandar alternativa residencial e denunciar o desemprego, a pobreza e a exclusión social - Mércores 11 de xaneiro, ás 10 da mañá, diante do edificio dos xulgados de Ferrol


Concentración diante dos Xulgados de Ferrol ante un novo Xuízo der Desafiuzamento e para demandar alternativa residencial e denunciar o desemprego, a pobreza e a exclusión social.

As plataformas Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrrolterra e a PAH de Ferrol e Comarca, teñen convocado mañá mércores 11 de xaneiro, ás 10 da mañá, unha acción de proptesta e denuncia, diante do edificio dos xulgados de Ferrol.

Mañá vai ser desafiuzada unha nai e o seu fillo menor, de 16 anos de idade, o motivo é a falta de traballo e o empobrecemento. Desde as plataformas antidesafiuzamentos e polo dereito a unha vivenda digna e adecuada, mobilízamo-nos unha vez máis en demanda de xustiza social. J.T.Z. vai ser xulgada por falta de recursos económicos para facer fronte aos gastos correntes e de residencia, non pode pagar un alugueiro que lle garanta o dereito a unha vivenda digna e adecuada. Un caso máis en Ferrol que se ven somar ás múltiples situacións de inxustiza que se producen a diario. Nos últimos días mantemos xuntanzas coa concelleira de benestar social, para trasladar-lle problemas de exclusión social que se van somando aos que desde hai tempo persisten na cidade. Depende de nós da solidariedade, organización e mobilización, atopar solucións que non se transformen só en paliativas ou dependentes de por vida dos servizos sociais. Toda persoa ten dereito ao traballo ao benestar social e saúde tanto física como psíquica, a un nivel de vida adecuado, até alimentación, vestido e vivenda, e á mellora continua das condicións de existencia... os dereitos dos menores e adolescentes á protección efectiva... o dereito a unha vivenda digna e adecuada...  pactos, convenios internacionais, ... continuamente chaman ás administracións a lexislar para garantir-los, mais os gobernos miran para outro lado e tiran medidas para a galería sen importa a súa efectividade e cumprimento, mais estamos faltas de medidas estruturais de reparto efectivo da riqueza, rematar co malgasto e a corrupción e que sexa real a máximas política que agora todo o mundo asume, de primeiro as persoas... a non ser que non nos consideren persoas.

_______________