martes, 13 de decembro de 2016

Stop-Desafiuzamentos Ourense sumase os compañeiros de Reus na denuncia da situación de pobreza enerxética que viven moitas cidadás e familias no conxunto do estado



Íste domingo finaba unha anciá de 80 anos en Reus. O dramático desta morte e que finou queimada nun incendio provocado por unha velas que usaba para poder alumar a vivenda, logo de que a multinacional Gas Natural Fenosa cortara o suministro eléctrico sin asegurarse nos servizos sociais municipais da situación de precariedade económica que vivía esta muller.

Dende este colectivo aseguramos que esta morte, así como moitas outras silenciadas estratexicamente polo sistema, son responsabilidade do Goberno do Partido Popular en anuencia coas grandes suminitradoras, neste caso Gas Natural Fenosa, os que na súa avaricia sen límites, na procura de máis ganancias, totalmente deshumanizados, converten os beneficios económicos nun fin en si mesmo, mentres abandonan a familias a súa sorte.

Despois da crise enerxética da década dos 70 do pasado século XX, que desestabilizara os prezos da enerxía, creouse un Marco Legal Estable (M.L.E), que consistía nun conxunto de normas e leis que regularían o sector eléctrico do Estado Español dende o ano 1988 ata o ano 1997. Iste Marco deu estabilidade o sector eléctrico, garantindo as eléctricas uns beneficios aceptables e recuperación das inversións a longo prazo. Tamén establecía da forma transparente tarifas os consumidores en condicións de mínimo custo.

Foi no ano 1998, coa contrarreforma neoliberal do sector enerxético feita por José María Aznar, que comeza a privatización diste sector cos resultados que hoxe todas coñecemos, encarecemento da enerxía de xeito desproporcionado, con ausencia absoluta de transparencia. Veriamos enseguida como os xigantes xurdidos das privatizacións poñían a funcionar as portas xiratorias e os dous Ex-presidentes do Partido Popular e do PSOE pasaban a ocupar postos nos consellos de administración das eléctricas privatizadas. Non parece xusto nin razoable que dous Ex-presidentes do Goberno pasaran a ocupar postos de alta dirección naquelas empresas que recentemente privatizaran. Logo da eliminación do M.L.E priorízase o beneficio privado e abandónase o interese xeral.

O PP demostrou en reiteradas ocasións que un dos obxectivos principais dos seus gobernos e acción parlamentaria é protexer os intereses da banca e das grandes empresas do oligopolio enerxético por encima dos dereitos fundamentais da poboación, para conseguilo son capaces do que sexa necesario.

Bloquearon a I.L.P por unha lei hipotecaria da PAH no Congreso, que fora avalada con 1,5 millóns de sinaturas. Recorreron o Tribunal Constitucional, esixindo a súa suspensión, todas as normas impulsadas por gobernos autonómicos sobre vivenda digna e CONTRA A POBREZA ENERXÉTICA, En Xuño de 2013 Frearon a entrada no Parlamento Galego da ILP por unha “ Lei de Vivenda Digna e Contra a Pobreza enerxética” impulsada polas PAH-STOP galegas, o Decreto Lei 6/2013 de Andalucía sobre a función da vivenda, a Ley Foral 24/2013 de Navarra de medidas urxentes para garantir o dereito a vivenda, e a Lei 3/2015 de vivenda do País Vasco, Lei 24/2015 de 29 de xullo en Catalunya.

Posicionandose claramente na defensa dos intereses da Grandes suministradoras eléctricas e dos bancos, sin escoitar a cidadanía e con nula capacidade de dialogo. Deixan a familias sen recursos sin poder facer fronte as necesidades básicas de suministros, ou na rúa, mentres temos que soportar que fondos voitres, como o BlackEstone vinculado o fillo do ex-presidente Aznar, ou a mesma SAREB Sociedade de Gestión de Activos Procedentes da Reestructuración Bancaria (Banco Malo) especulen con Vivenda de Protección Oficial (V.P.O).

http://www.publico.es/politica/denuncian-vinculos-aznar-jr-fondos.html

Mentres as 3 grandes eléctricas (Endesa, Iberdrola e Gas Natural) no período crítico xurdido tras a Gran Estafa Inmobiliaria (alcumada burbulla polo sistema, como si falaramos de xabón) levan gañado 56.624 millóns de €. Si tomamos os período 208-2015 o beneficio neto ascende a 20 millóns € diarios. No caso de ENDESA que deixa de pertencer o Estado en tempos de José María Aznar e que agora pertence a unha empresa sem-pública Italiana ENEL 25.398 millóns € casi a metade das ganancias conxuntas dos 3 xigantes. Ben poderían estar hoxe destinados a pagar os intereses da débeda creada no rescate da banca.

http://www.publico.es/economia/tres-grandes-electricas-han-ganado.html

O caso desta anciá deuse a coñecer en parte pola labor de presión da PAH de Reus e rapidamente chamou a mobilización social para que non pasara desapercibido como unha anécdota. Hai moitas outras mortes atribuíbles os desafiuzamentos e a pobreza en xeral que pasan desapercibidos a unha sociedade acelerada e deshumanizada.

Para a Pah e os colectivos stop-desafiuzamentos o elevadísimos número de suicidios, 1ª causa de morte traumática por diante dos accidentes de tráfico, son asasinatos indirectos, perfectamente evitables. Estratexicamente as estatísticas non fan referencia detallada as causas destas mortes pois os sistema non lle interesa que se coñeza o escándalo que se esconde nas mesmas, mortes por problemas económicos.

Nunca debemos esquecer que o Goberno do Partido Popular que agora se converteu no estandarte do diálogo foi o mesmo que sacou a lei 4/2015 de seguridade cidadá coñecida como Lei Mordaza para perseguir e amordazar con elevadísimas multas, inicialmente impostas por cargos políticos, ós colectivos que saímos a rúa o longo destes case 6 anos para denunciar os abusos das elites económicas. A propia ONU e o Consello de Europa urxiron a retirada desta Lei por antidemocrática. Ausente de máis mínima capacidade para escoitar a unha cidadanía indignada e incluír parte das demandas distes colectivos o Partido Popular tachounos de terroristas. Mentres permite, aínda hoxe, e non lexisla para impedir que se volva a estafar en masa a cidadanía e todos os que quebraron a metade dos sistema financeiro do estado seguen, coa complicidade dun goberno podre de corrupción, na rúa a mofarse da cidadanía.

Queda sinalado diste xeito o Goberno do Partido Popular, co apoio do PSOE, que agora pretende dialogar. Un goberno cheo de corrupción e ausente da realidade social do seu país, que tanto di defender, ESTA É A SÚA MARCA ESPAÑA.

A Pah e os colectivos stop-desafiuzamentos aseguramos que calquera cousa que fagan, sen ternos en conta, antes ou despois caerá.

ESIXIMOS O RECEN ELIXIDO GOBERNO, CON APOIO DO PSOE, E A OPOSICIÓN MAIORITARIA as seguintes medidas:

- Unha auditoría do sector eléctrico que permita clarificar os custo reais da enerxía así como a actualización o Marco Legal Estable posterior a crise enerxética de 1970.

- A inmediata derrogación da ley 4/ 2015 de Seguridad Ciudadana (Lei Mordaza). Lei preventiva onde sancionan os cargos políticos Como Subdelegados do Goberno, Secretarios de Estado e incluso Alcaldes todos pertencentes o poder político. Por condutas que antes de ser tipificadas como tipos administrativos estaban tipificadas como faltas no código penal e eran xulgadas por xuíces dependente do poder xudicial. Estando mentres non se derrogue esta lei, gravemente danado o estado de dereito pola ausencia efectiva da separación de poderes.

- A derrogación e redacción dunha nova lei hipotecaria que substitúa a actual lei do século XIX, reformada en 1946 polo réxime franquista. Lei tipificada de abusiva polo Tribunal de Xustiza Europeo (TJUE).

Tamén seguimos adiante e non renuinciaremos as 5 demandas de mínimos da PAH:

1º) – Dación en Pago Retroactiva.

2º) – Alugueres alcanzables.

3º) – Stop-Desafiuzamentos.

4º) – Vivenda Social Suficiente.

5º) – Suministros básicos garantido.

Stop-Desafiuzamentos Ourense


|||||||||||||||||