Na medida que avanzamos na loita por unha vivenda digna e adecuada, vemos que non só é o problema de non poder facer fronte á hipoteca, ou de non poder pagar un aluguer, para poder acceder a un sitio onde morar, a un teito. A situación de lanzamento ou de desafiuzamento da vivenda habitual, veñen acompañados de situacións críticas a nivel social, desemprego, violencia machista, precariedade, dependencia, recortes sociais, ... É necesaria hoxe máis que nunca unha acción global contra o neoliberalismo criminal que nos rouba dereitos, escraviza, empobrece e mata.
A loita por unha vivenda digna e adecuada é unha parte da loita polo bon vivir, pola xustiza, a liberdade e a igualdade.
Unifiquemos loitas, practiquemos a solidariedade, avancemos na conformación local, das Marchas da Dignidade, non como un só acto finalista en Madrid o vindeiro 22M, senón como unha mobilización permanente, como a organización popular para o cambio, até conseguir os seus obxectivos de Traballo, Pan e Teito.
É por todo isto polo que a plataforma Stop-Desafiuzamentos de Ferrol Terra acordou, na súa última xuntanza apoiar ás Marchas da Dignidade e en concreto a manifestación do mércores día 26 de Febreiro, que está convocada para as 20:00hs, con saída desde a Praza Amada Garcia, diante do Edificio da Xunta (nas inmediacións da Praza de España). Mas tamén acordamos participar na manifestación convocada pola Alianza Social Galega do día seguinte 27 de febreiro.
Saúde e Vivenda Digna !
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs | Comisión Dereito a unha Vivenda Digna
Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
Páxina no facebook:
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra
||||||||||||||||||