venres, 26 de outubro de 2012

Paralización dun desafiuzamento nas vivendas Sindicais en Ferrol

A Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, xunto coa unidade cidadán, logrou parar outro desafiuzamento que se ía producir hoxe nas vivendas Sindicais en Ferrol, esta vez a presión exercida na administración deu os seus froitos.

Nesta viven unha parella e a súa filla de 8 anos de idade. A vivenda ocúpana en réxime de aluguer, pero debido á grave situación económica que están a atravesar e ante a imposibilidade de facer fronte ao pagamento da vivenda, o xuíz decretou o desafiuzamento destes. Hai que incidir que esta nena de 8 anos, padece unha enfermidade moi grave, está enferma dun ril, e require dun tratamento médico que os seus pais a duras penas poden custear.

O propietario da vivenda deu bastantes oportunidades a esta familia, mesmo chegou a acompañalos a facer xestións administrativas que puidesen dar cunha solución ao problema, neste caso para esta persoa eran tres problemas acumulados, pois ademais de non percibir o diñeiro do aluguer se encontra en situación de desemprego, á parte de ser unha persoa que lle afectaba a situación dos seus inquilinos.