martes, 25 de setembro de 2012

Paralizado provisionalmente un desafiuzamento en Caranza

A "Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra" concentrouse na mañá de hoxe ante a oficina do BBVA da Praza do Callao en protesta polo anuncio de desafiuzamento a Pilar e Manuel (68 e 64 anos de idade) veciños do barrio de Caranza, que ían ser desafiuzados da súa vivenda o vindeiro 28 de setembro, despois de sufrir unha suposta "estafa" por parte do BBVA.

A entidade financeira comunicou que accedían a postergar o desaloxo e estudar unha serie de alternativas que evitasen o desafiuzamento desta familia. Esta acción foi confirmada polo avogado de Manuel e Pilar, que informou da paralización provisional do lanzamento e a proposta da entidade.

 En vista deste movemento por parte da entidade financeira, decidiuse seguir coa convocatoria feita para hoxe e informar alí mesmo aos presentes da nova situación.