xoves, 7 de febreiro de 2013

Nova xuntanza aberta, este Venres, 8 de Febreiro, de STOP-Desafiuzamentos, mais desta vez en Esteiro - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna

Nova xuntanza aberta de STOP-Desafiuzamentos - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, para quen quixer participar.

DíaVenres, 8 de Febreiro.
Hora: Ás 17:00hs (5 da tarde).
Lugar: En Esteiro no local da asociación veciñal.

Obxectivos: Manter unha reunión con persoas en lista de espera para acceder a unha vivenda municipal do barrio de Recimil. E preparar a mobilización do día 16 de Febreiro.

Orde do día:
  1. Reunión con persoas en lista de espera para acceder a unha vivenda municipal do barrio de Recimil, para preparar acción reivindicativa.
  2. Análise do caso "La caixa - Caixabank".
  3. Mobilización do 16 de Febreiro.
  4. Casos pendentes, propostas, rogos e preguntas.

Lembra, non faltes á xuntanza aberta deste Venres 8 de Febreiro, necesitamos a túa colaboración e axuda. Participa na Rede de Apoio Mutuo.

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

________________

mércores, 6 de febreiro de 2013

Alerta Social - Concentración ante os abusos bancarios de "La Caixa"-"Caixabank" - Xoves 7 de Febreiro, ás 12 do mediodía - Comparecencia Ada Colau no Congreso dos Deputad@s (Vídeo)

Concentración ante os abusos bancarios de "La Caixa"-"Caixabank"

Stop-Desafiuzamentos, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, convoca unha Concentración de protesta e denuncia, ao non atopar unha resposta positiva que varíe a actuación dos responsábeis de "La caixa"-"Caixabank", nun caso onde o abuso bancario é máis que evidente. Onde a entidade bancaria vendeu dereitos dun crédito hipotecario á outra entidade denominada "Frontera Capital, SARL" con sede en Luxemburgo. Onde se acumulan unha serie de malas prácticas bancarias, que impiden a unha familia traballadora de Ferrol, solucionar os problemas derivados dunha hipoteca da vivenda habitual. Onde varias son persoas afectadas da mesma familia, que pensan que son avalistas, mais que nos documentos son prestatarias,  ....

Mañá, Xoves chamaron-nos a unha nova reunión cos responsábeis do banco no distrito, para mediar e intentar chegar a un acordo, mais tamén decidimos convocar esta mobilización social, de denuncia e protesta, e de apoio e solidariedade coa familia afectada, queremos solucións e boas prácticas bancarias. Non podemos permitir que os monstros bancarios, nos arrebaten o noso diñeiro.

PARTICIPA !

Concentración:

Día: Xoves 7 de Febreiro de 2013.
Hora: 12:00hs (Mediodía).
Lugar: En Ferrol - Oficina principal de "La Caixa" - Caixabank, na Rúa Real, 152.

STOP-Desafiuzamentos
Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra.

MOI INTERESANTE VÍDEO:

Impresionante a comparecencia da compañeira nunha comisión, onte á noite (05.02.2013) no Congreso dos Deputados, para defender que se trámite a ILP, presentada co apoio de máis dun millón de sinaturas. Non podemos deixar de ver este importante documento, son 40 minutos, mais moi aproveitados. Paga a pena. Hai outro vídeo onde falan algúns deputados e ela resposta, tamén moi interesante.

Comparecencia Ada Colau no Congreso dos Deputad@s (vídeo completo) enviado polo compañeiro Fernando Lestón Baltar:

Ada Colau portavoz de Stop desafiuzamentos explica-nos as demandas deste colectivo


http://youtu.be/LtNBnc6khHg


Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

|||||||||||||||||||||||||||

Praticas abusivas de "La caixa" -"Caixabank" - Stop-Desafiuzamentos denuncia un "abuso bancario" a unha familia de Ferrol

Stop-Desafiuzamentos denuncia un "abuso bancario" a unha familia de Ferrol

Membros de Stop-Desafiuzamentos, pertencente á Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra, protagonizaron onte unha roda de prensa diante das oficinas da Caixa situada no número 152 da rúa Real de Ferrol.

Membros de Stop-Desafiuzamentos, pertencente á Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra, protagonizaron onte unha roda de prensa diante das oficinas da Caixa situada no número 152 da rúa Real de Ferrol. Tratábase de explicar a situación na que se ve inmersa unha familia da cidade á que a entidade bancaria comunicou por escrito que os seus dereitos dun crédito hipotecario foron vendidos a Frontera Capital SARL, con sé en Luxemburgo.

Representantes de Stop-Desafiuzamentos acompañaron á familia afectada a unha reunión coa Caixa "agora Caixabank" para tratar de desbloquear outro problema suscitado coa negativa da entidade a cobrarlle o abono da hipoteca en tanto non fixese fronte a unha cantidade próxima aos 500 euros por uns supostos gastos xudiciais.

A Caixa comunicou aos afectados a venda dos dereitos do seu crédito a unha entidade de Luxemburgo

Segundo explicou o portavoz do colectivo, Rafael Pillado, esta familia solicitara un crédito hipotecario e esixíronlle dous avalistas que o banco, "con engano", incorporou como parte dos beneficiarios do préstamo.

O crédito foise pagando con normalidade até que chegou un momento de dificultade no que comezou a abonarse con atraso, polo que tamén houbo que facer fronte aos intereses de demora.

O problema xorde cando os beneficiarios recibiron unha notificación na que se lles reclamaban preto de 500 euros por uns supostos gastos xudiciais que descoñecen a que corresponden, polo que intentan contactar coa dirección da Caixa, sen éxito. A familia, segundo Rafael Pillado, manifesta estar disposta a pagar, pero non esa cantidade e, ao parecer, a partir de entón o banco negouse a cobrarlle o crédito. Chegaron a conseguir unha cita para reunión co responsable de morosos da entidade, que os emprazou para o pasado luns na Praza de España, pero este responsable non acudiu. Por iso é polo que Stop-Desafiuzamentos acompañounos onte á reunión co director da oficina da rúa Real. Ao parecer, inicialmente aceptaba o cobro a conta da suma debida sen asignala aos meses previstos, pero ao final resolveuse en parte o problema, polo que as mensualidades quedaron cubertas até o pasado xaneiro, que non se liquidou porque levaba aparellada a cantidade atribuída a gastos xudiciais.

A preocupación desta familia vese agravada polo feito de que os dereitos do seu crédito foron vendidos a unha entidade de Luxemburgo, actuación coa que, segundo Pillado, estase tratando de amedrentalos.

En vista da situación, Stop-Desafiuzamentos decidiu trasladar os feitos ao Valedor do Pobo. Os afectados, pola súa banda, presentaron unha reclamación ante Consumo.

Respecto de a venda do crédito, están á espera dunha entrevista cun responsable da Caixa que saiba do asunto. O xoves "12.00 horas" volverán ao banco para tratar de forzar esa entrevista.

Unha reportaxe de Carmela López publicada no Diario de Ferrol - Actualizado 06 Febreiro 2013 - 02:00 h.

Foto: "Membros de stop ante a oficina bancaria" - Daniel Alexandre

Pode ver esta noticia en www.diariodeferrol.com: http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/stop-desafiuzamentos-denuncia-un-abuso-bancario-a-unha-familia-de-ferrol/20130205224549031799.html

||||||||||||||||

luns, 4 de febreiro de 2013

Convocatoria dunha Rolda de Prensa por parte de Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra - Para o Martes 5 de Febreiro

Rolda de Prensa

Temos interese en comunicar-lles que Stop-Desafiuzamentos, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, entre varios dos casos nos que esta inmersa perante estes días, estámos cun caso onde o abuso bancario é máis que evidente. A entidade implicada, neste caso e "La Caixa", hoxe "Caixabank" que vendeu dereitos dun crédito hipotecario á entidade "Frontera Capital, SARL" con sede en Luxemburgo. Varias son as persoas afectadas nun mesmo caso, de avalistas que saen prestatarios, das malas prácticas da entidade, .... Mañá mesmo temos unha nova entrevista no banco, na sucursal da Rúa Real nº 152 de Ferrol, para intentar chegar a un acordo que se está poñendo difícil e que no caso de non conseguir os obxectivos na mediación, pasaremos á denuncia e mobilización nuns días. É por iso, polo que desde a Comisión que nos reunimos o pasado Venres, convocamos unha Rolda de Prensa que terá lugar mañá, logo da entrevista coa dirección de Caixabank da zona de Ferrol, diante das oficinas do propio banco.

Rolda de Prensa

Día: Martes 5 de Febreiro de 2013.
Hora: 12:30hs.
Lugar: Oficina principal de "La Caixa" - Caixabank, na Rúa Real, 152 en Ferrol.

Dicir tamén que nesta rolda informaremos de dous asuntos de interese:
  • Asemblea lista de espera para as Casas Baratas - Día 8 de Febreiro, ás 5 da Tarde, no local da asociación veciñal de Esteiro.
  • Mobilización do 16 de Febreiro.
Sen máis agradecemos de antemán a vosa presencia nesta Rolda de Prensa.

Asinado.-

Inácio Martínez
32612684H

Telf: 645158113

STOP-Desafiuzamentos
Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra.

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

||||||||||||||||||

xoves, 31 de xaneiro de 2013

Este Venres, 1 de Febreiro, xuntanza aberta de STOP-Desafiuzamentos - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna

Nova xuntanza aberta de STOP-Desafiuzamentos - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, para quen quixer participar.

DíaVenres, 1 de Febreiro.
Hora: Ás 17:00hs (5 da tarde).
Lugar: En Caranza no local de Fuco Buxán.

Obxectivos: Para abordar todos o temas pendentes de lanzamentos de vivenda e novos casos (algúns xa resolvidos ou en vías de resolución), análise e asuntos pendentes. En especial trataremos un caso concreto que é nesario dar-lle unha resposta inmediata. Preparación da Asemblea de persoas en lista de espera para acceder a unha vivenda municipal. Mobilización do día 16 de Febreiro. Creación dun grupo en facebook para coordinar as accións e as axudas mutuas.

Orde do día:
  1.  Caso inmediato a abordar.
  2. Asemblea Casas Baratas - Día 8 de Febreiro, ás 5 da Tarde, no local da asociación veciñal de Esteiro.
  3. Mobilización do 16 de Febreiro.
  4. Creación dun grupo en facebook.
  5. Casos pendentes.
  6. Contas da mobilización do pasado 28 de Decembro.
  7. Propostas, rogos e preguntas.

Lembra, non faltes á xuntanza aberta deste Venres 1 de Febreiro, necesitamos a túa colaboración e axuda. Participa na Rede de Apoio Mutuo.

Blogue:

http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:

facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

________________

venres, 18 de xaneiro de 2013

Este Venres, 18 de Xaneiro, xuntanza aberta de STOP-Desafiuzamentos - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna

Este  Venres, 18 de Xaneiro, ás 17:00hs, en Caranza no local de Fuco Buxán, reuniremos a quen quixer participar, nunha xuntanza aberta de STOP-Desafiuzamentos - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, para abordar todos o temas pendentes de lanzamentos de vivenda e novos casos (algúns xa resolvidos ou en vías de resolución), análise e asuntos pendentes da mobilización do pasado 28 de Decembro.

Lembra, non faltes á xuntanza aberta deste Venres 18 de Xaneiro, necesitamos a túa colaboración e axuda. Participa na Rede de Apoio Mutuo.

Blogue:

http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:

facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

________________