mércores, 24 de outubro de 2018
A lexitimidade do Tribunal Supremo en dúbida unha vez máis - Suprema vergonza trala información do Tribunal Supremo de dar marcha atrás na sentenza dos impostos das hipotecas
A lexitimidade do Tribunal Supremo en dúbida unha vez máis. | Suprema vergonza trala información do Tribunal Supremo de dar marcha atrás na sentenza dos impostos das hipotecas.
O Presidente da Sala do Contencioso do Tribunal Supremo, tomou unha decisión que provoca vergonza suprema, despois de que a Sección Segunda da Sala ditara e fixese pública unha sentenza declarando que a obrigación do pago dos impostos derivados da firma dunha hipoteca corresponde aos bancos e non aos consumidores, o Presidente da Sala ordenou a paralización da súa aplicación, así como da tramitación de todos os recursos pendentes sobre este tema, ata que o Pleno da Sala (31 xuíces) ratifique ou non a decisión dos seus compañeiros.
Non é a primeira vez que este Tribunal opta por aplicar medidas económicas fronte ás xurídicas, que son as únicas que lle competen. Recordemos cando a Sala do Civil en maio de 2013 ditou sentencia sobre as cláusulas chan, limitando a devolución polos bancos á data da súa sentenza, e tivo que ser o TXUE en decembro de 2016 o que dixese que a devolución tiña que ser desde o momento da firma da hipoteca.
Tamén en materia de cláusula de vencemento anticipado, trala sentenza do TXUE en xaneiro de 2017, e para non cancelar todos os procedementos de execución hipotecaria, suscitou outra cuestión prexudicial ante o TXUE, ou cando aceptou moderar cláusulas abusivas en lugar de anulalas, como vén reiterando o TXUE.
A Sala do Contencioso veu ditando ultimamente sentenzas progresistas, a diferenza da do Civil, como a de decembro de 2017 sobre protección dos menores en caso de desafiuzamento, ou a de xullo de deste mesmo ano sobre a obrigación de cumprir os ditames de organismos internacionais en materia de Dereitos Humanos; e os poderes económicos deberon fartarse xa e decidiron presionala para impedir que fagan Xustiza, e conseguir que sigan facendo a súa xustiza.
Desde a PAH denunciamos esta decisión sen precedentes, e esperamos que os outros 30 xuíces opten por manter o criterio dos da Sección Segunda, aínda que para nós non é novo o ter que sufrir a unha Administración de xustiza servil e branda cos poderosos e dura e inflexible cos débiles.
Agora tócalle ao Tribunal Supremo defender o porqué deste cambio de rumbo. É alarmante ver o poder que amasan os bancos e as entidades financeiras, chegando ao extremo de ser capaces de que o TS se desdiga en poucas horas tras pronunciar unha sentenza. A sentenza inicial dita que as consumidoras poderán recuperar, sen definir si con carácter retroactivo ou non, os gastos de xestión das hipotecas. Unha sentenza que pon de manifesto algo que desde a PAH levamos 9 anos denunciando e que por sorte xa non o dicimos só nós, dannos a razón xuíces, avogadas, partidos políticos ou a mesma ONU.
A PAH seguirá defendendo o sistema democrático e utilizará todos os mecanismos xurídicos e de mobilización contra quen queren romper un sistema de convivencia baseado na xustiza e a dignidade. Protexer o sistema democrático é defendernos de quen creen que poden romper con total impunidade o noso sistema de convivencia. Seguiremos defendendo-o, como sempre .
Hai que dicir basta ante este novo ataque da banca e esixirlles que paguen o roubado, e seguir avanzando para lograr esa reforma da Lei Hipotecaria, que inclúa a dación en pago retroactiva, como temos recollido na Lei Vivenda PAH, para empezar a lexislar a favor das familias e non a favor dos enganos que xa se destaparon coa explosión da burbulla inmobiliaria e a estafa mal chamada crise.
21.10.2018
Fonte: http://afectadosporlahipoteca.com/.
---