mércores, 18 de febreiro de 2015
Xuntanza da Coordinadora Galega de PAHs e STOPs - Plataformas Anti-Desafiuzamentos da Galiza
O sábado 21 de Febreiro, vai ter lugar en Compostela, unha nova xuntanza das plataformas anti-desafiuzamentos da Galiza. No bar-restaurante As María (San Clemente, 32 - ver mapa). Antes da xuntanza, no mesmo lugar, mais sobre as 10 da mañá, está convocada unha rolda de prensa onde se dará conta da nosa actividade e previsións.
Trata-se da primeira xuntanza, despois das mobilizacións coordenadas contra a criminalización e a represión dos movimentos sociais, para denunciar a represión que se está exercendo contra loita contra os desafiuzamentos. Mobilizacións celebradas a finais do pasado ano, pois a represión policial directa e as multas, están caendo sobre as nosas plataformas que loitan polo dereito humano a unha vivenda digna e adecuada, así como contra especulación financeira e inmobiliaria.
As plataformas de stop desafiuzamentos e afectad@s pola hipoteca, da Galiza, reúnen-se para coordinar asuntos de importancia para o movemento anti-desafiuzamentos, como a valoración da evolución do activismo en cada PAH/STOP desde a anterior xuntanza; ou a valoración das accións coordenadas realizadas contra a Lei Mordaza, e propostas de novas accións conxuntas. Tamén imos debater sobre a oportunidade de volver a promover unha IPL en defensa do dereito á vivenda, que incorpore tamén medidas contra a pobreza enerxética. Constituír grupos de traballo e coordinar a nosa participación na próxima asemblea estatal da PAH, o 7 de marzo, en Xixón. Debater sobre as posibilidades que pode presentar o período previo ás eleccións municipais do 24M para difundir e defender o dereito á vivenda fronte e a través dos concellos. E por último perfilar novos métodos para avanzar na coordinación das PAH/STOP galegas.
|||||||||||||||||||||||