sábado, 27 de decembro de 2014

Campaña de socialización de multas: Extracto semanal da conta

Deter o desafiuzamento de Aurelia Rey foi cousa de todas. A cidade volcouse. As que puideron estar, estiveron e, as outras, coa vosa indignación, empurrábades dende as casas ou traballos, facéndonos sentir o voso apoio. Conseguímolo porque xuntas somos fortes e podémonos enfrontar ós intereses podres dos corruptos e especuladores.

Defendimos a súa dignidade e defenderemos a de calquera por moitas multas que nos poñan. Multarnos e intimidarnos coas súas porras é todo o que poden facer, mais non lles funciona porque non estamos soas e, xuntas, NON TEMOS MEDO. Cando ven que, se atacan a unha, respondedes todas, saben que, por moita “lei mordaza” que inventen, non teñen policías e xuíces dabondo para deternos.

Unha forma de facer músculo e mostrar a nosa forza, é repartir entre todas as multas que nos poñan. É un pequeno esforzo para calquera, que dilúe entre todo o pobo o sufrimento co que queren atemorizarnos, e estrágalles os plans ós caciques insensibles que botan á xente das súas casas. Animádevos a facer a vosa achega na conta: ES 81 1550 0001 2100 0067 9324 (Fiare banca ética).

Desta volta, queremos contarvos de onde saíron parte dos cartos: foi no concertó de SÉS na NORMAL. Segundo víchedes que apareciamos por alí, comezáchedes a xuntar achegas ata acadar, moediña a moediña, repartindo o esforzo polo miúdo coma nos gusta, os 234€ que xa ingresamos na conta. Máis alegres que nunca e tan combativos coma sempre, mandámosvos a Sés, á Normal e a quen alí estabades, una forte aperta solidaria. Moitíííííííísimas grazas!!!

Somos xente, somos pobo, e estamos xuntos contra a represión e a violencia institucional!

NON Á LEI MORDAZA!!! QUE PAGUEN ELES!!!

Nin xente sen casas, nin casas sen xente!


Publicado no sitio-e de Stop Desafiuzamentos d'A Coruña.

|||||||||||||||||||||

xoves, 18 de decembro de 2014

Mobilizacións contra a criminalización dos movimentos sociais e a represión








Mobilizacións diante das Subdelegacións do Goberno (A Coruña, Lugo e Ourense) e en Vigo diante da sede do PP, contra a criminalización e a represión dos movimentos sociais, organizadas polas plataformas anti-desafiuzamentos e polo dereito a unha vivenda digna, que conflúen na coordinadora galega de STOP's e PAH's.

Ante as continuas actuacións represivas do Goberno contra o movimento solidario na Galiza, convocaron-se mobilizacións, para denunciar a criminalización da protesta e a lexitimidade do pobo a defender o dereito humano a unha vivenda digna e adecuada. Nas mobilizacións estiveron presente as reivindicacións das persoas inmigrantes, por ser hoxe o Día Internacional d@ Migrante. Tampouco faltaron referencias á Lei Mordaza, mal denominada de Seguridade Cidadá, que nos quere impoñer o Partido Popular, para criminalizar a protesta, para legalizar aínda máis a represión sobre o movimento social, para intentar meter medo.

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, como integrante da coordinadora galega, participou na concentración diante da sede da Subdelagación do Goberno e posterior manifestacións, na Coruña que rematou diante da Delegación do Goberno, onde un compañeiro leu un comunicado en reperesentación dos colectivos de inmigrantes e reperesentantes das plataformas antidesafiuzamentos o manifesto unitario "Non Temos Medo".

||||||||||||

Infopahs do 9 ao 18 de decembro de 2014 - Compartido Información


Iníciase a campaña para a ILP contra desafiuzamentos e pobreza enerxética en Catalunya | 18.12.2014 | A Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH), o Observatorio de Dereitos Económicos Sociais e Culturais (DESC), a Alianza contra a Pobreza Enerxética (APE) iniciamos a campaña de recolleita de firmas para parar a emerxencia social que se vive en Cataluña: máis de 20 desafiuzamentos ao día e máis do 10% da veciñanza afectada polos cortes de subministros básicos como auga, luz e gas. | Con esta iniciativa as entidades impulsoras queremos evidenciar a necesidade en que o goberno de ... |Ir á web estatal das PAHs.

A PAH súmase ás convocatorias contra a Lei Mordaza | 17.12.2014 | A Plataforma de Afectados polas Hipotecas adherímonos e convocamos á cidadanía a saír á rúa estes días nas diversas convocatorias que se dan en todo o estado para dicir NON á lei de seguridade cidadá, máis coñecida por lei mordaza. Esta lei aprobouse o pasado 12 de decembro polo Partido Popular no pleno do Congreso coa oposición de todos os grupos parlamentarios. | A lei de seguridade cidadá ou lei mordaza, que ... | Ir á web estatal das PAHs.

A moción da PAH para recuperar a vivenda baleira en mans da banca demostrou que unha vez máis "si se pode!" | 17.12.2014 | En xaneiro de 2014 a PAH lanzou unha nova campaña para protexer ás familias dos desafiuzamentos: a de mocións aos Concellos para recuperar a vivenda baleira en mans da banca. | Case un ano despois de que o PP rexeitase a ILP da PAH no Congreso, o resto de administracións -tanto autonómicas como locais- estaban paralizadas e insistían en que non había máis nada que facer para deter a emerxencia habitacional. | Mentres a PAH ... | Ir á web estatal das PAHs.

Os datos do CGPJ falan por si sos: fracasan as medidas do PP e aumentan os desafiuzamentos. | 12.12.2014 | Hoxe publicáronse os datos do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) sobre execucións hipotecarias e desafiuzamentos durante o terceiro trimestre de 2014. As cifras publicadas no día de hoxe confirman de novo que as medidas tomadas polo PP non só non teñen ningún impacto positivo sobre a situación de emerxencia habitacional senón que ao contrario, agrávana. | Segundo os datos oficiais, o total de desafiuzamentos practicados entre xullo e setembro deste ano foi de 13.341, ... | Ir á web estatal das PAHs.

#HousingEmergencySpain - Publicación da versión inglesa do Informe sobre Urxencia Habitacional en España. | 11.12.2014 | Hoxe publicamos a tradución ao inglés da publicación "Emerxencia Habitacional no Estado Español. A crise das execucións e os desaloxos desde unha perspectiva de dereitos humanos", elaborada polo Observatori DESC e a Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH). Esta tradución débese ao interese demostrado tanto por parte de medios de comunicación Internacionais, como das distintas redes europeas e Internacionais ou as que participamos. | Neste informe analizamos o resultado de ... | Ir á web estatal das PAHs.

#CitaConLaSareb: Carta a Luís de Guindos, ministro de Economía | 09.12.2014 | Á atención de d. Luís de Guindos, ministro de Economía e Finanzas. | Dirixímonos a vostede como representantes da Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) para solicitar formalmente unha reunión con representantes cualificados do seu ministerio e da Sociedade de xestión de Activos procedentes da Reestruturación Bancaria (SAREB) para tratar a situación dos pisos que esta entidade mantén baleiros e o seu posible uso como parque público de vivenda en aluguer social, tal e ... | Ir á web estatal das PAHs.

|||||||||||||||||||

luns, 15 de decembro de 2014

Concentración, diante das Subdelegacións do Goberno (A Coruña, Lugo e Ourense) e en Vigo diante da sede do PP, contra a criminalización dos movimentos sociais e a represión - Xoves 18 de Decembro - Manifesto Unitario das PAH's e STOP's da Galiza


A coordinadora galega de STOP's e PAH's, ante as continuas actuacións represivas do Goberno contra o movimento anti-desafiuzamentos na Galiza, decidimos convocar mobilizacións, diante das Subdelegacións do Goberno (A Coruña, Lugo e Ourense) e en Vigo diante da sede do PP, para denunciar a criminalización da protesta e a lexitimidade do pobo a defender o dereito humano a unha vivenda digna e adecuada. Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, como integrante da coordinadora galega, participará na concentración que vai ter lugar o vindeiro xoves 18 de Decembro, ás 11 da mañá, diante da sede da Subdelagación do Goberno na Coruña, polo que fai un chamamento á cidadanía a participar en dita concentración.

Hai tempo que as subdelegacións do goberno, perseguen ao movimento opositor aos desafiuzamentos e lanzamentos de vivenda, sen alternativa habitacional, movimento que defende o dereito a unha vivenda digna. As subdelegacións do goberno, envian á policia para defender os intereses do máis forte e intenta desfacer o movimento de solidariedade enchendo-nos de multas e sancións.  Certos de que toda persoa ten dereito a unha vivenda digna e adecuada, cando se produce unha inxustiza como é a perda da vivenda habitual, os poderes públicos teñen a obriga de garantir este dereito e non deixar ás persoas sen un teito onde morar. Mais pola contra a preocupación do poderes públicos, infectados de políticos corruptos ao servizo de especuladores, non é a procura dunha alternativa habitacional, senón que se preocupan só de botar ás persoas das súas vivendas, mesmo se son anciáns ou menores, e reprimir e criminalizar aos movimentos de solidariedade e anti-desafiuzamentos.

Hai uns días o Parlamento Español, coa maioría absoluta do Partido popular, deu un paso represivo máis, un paso de xigante, aprobando a Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá, a coñecida como Lei Mordaza. Pretenden impoñer un estado policial coa coartada da seguridade cidadá, norma que converte en sancións administrativas o que antes eran faltas incluídas no Código Penal e, xa que logo, sometidas a control xudicial previo. Mesmo contempla fortes sancións a quen impida un desaloxo no lanzamento ou despexo dunha vivenda. Pretenden castigar a solidariedade fronte a un desafiuzamento.

Non máis xente sen casa, nen casas sen xente !
Polo dereito a unha vivenda digna e adecuada!
Participa !!


NÓS NON TEMOS MEDO
MANIFESTO CONTRA A CRIMINALIZACIÓN DOS
MOVEMENTOS SOCIAIS E A REPRESIÓN


Movemento, de moverse. De non parar. De poñer a cada pouco un obxectivo máis alto que construír entre todas e todos. Soñamos alto porque temos a convicción absoluta de que imos ser libres. Isto chámase transformación social e, ollo, hai xente detrás. A cada pouco máis xente. A cada pouco máis mans a aprenderen un vello oficio: o oficio de mudalo todo.

A cada pouco máis voces. Esta é a nosa voz: unha voz múltiple, plural, aprendida paso a paso, con dificultade. Unha voz na defensa da vivenda. A vivenda é un ben básico, un dereito, dicimos, que ten que ser recoñecido de maneira universal. Co teito non se negocia. A casa non se expropia. A vivenda non se usurpa. A usura e os dereitos son dúas realidades tan irreconciliables coma o rato e o gato. Os dereitos son a nosa voz.

Eles son eles. Eles son a usura. A rapina organizada. Eles teñen a súa morea de normas que non dubidan en transgredir. Tanto lles ten, que se os dereitos humanos..., que se as resolucións do TSXE..., que se as Valedurías do Pobo..., que se a miseria popularizada ou a dramática situación de pobreza extrema de milleiros de familias... Nada disto lles importa. Só o seu Deus universal, o diñeiro.

Eles son eles. Teñen a súa morea de gobernos deseñados á medida, que fan leis para si, que adoptan acordos que nunca respectarán. Adictos á fotografía oficial, á inauguración, ao banquete febril. Adictos á especulación urbanística e financeira, á desvergoña, ao suborno, á prevariación. Cada un dos seus gobernos é un grande teatro no que agardan os nosos aplausos unha vez que se pecha o telón.

Eles son eles, e teñen o seus xuíces e xuízas. Teñen un aparello mecánico enorme chamado de "Xustiza" ao servizo de si mesmos e, por suposto, da súa venerable deidade. Teñen un exército de autómatas asinando resolucións. Estampando o seu selo nunha orde de lanzamento coas mesmas dificultades éticas coas que se decide nunhas rebaixas entre este ou aqueloutro pantalón. Teñen un corpo funcionarial que "funciona coma un reloxo", e que diante da traxedia dunha muller, un home, unha nena desafiuzada, se escusa coa formidable frase de "é o meu traballo". Un viva pola súa integridade ética e a súa innegable achega ao "interese xeral".

Eles son eles, e teñen a súa Policía Nacional. Teñen a súa forza de choque porque nos teñen pánico e seguen a pensar que quen treme de medo somos nós. Porque eles cren que as detencións, as malleiras, as identificacións arbitrarias, as malleiras outra vez, as multas desproporcionadas, as malleiras máis unha vez, van deter a marcha da historia. Pero a historia non se detén. Eles teñen medo, por iso se parapetan detrás de exércitos monolíticos, detrás das súas reformas penais, detrás das súas Leis de Patada na Porta e Patada na Boca malchamadas de Seguridade Cidadá. Así son eles, e a violencia contra a maioría social é o seu método, cren, máis eficaz. Así de patético é o triste drama da súa inminente derrota, da súa descomposición.

Criminalízannos. Píntannos cornos e orellas picudas. Ás veces rabo. Pechan os nosos locais. Rexistran as nosas sedes. Irrompen nas nosas manifestacións. Interveñen as nosas comunicacións. Trafican con millonarias sumas novas e informacións que non son tal. Crean un relato impresionante no que eles, miseria e covardía, se apresentan como os heroes dunha democracia que nunca deixaron nacer. Pero ese conto, esa bonita literatura requintada coa que durante tantos anos empreñaron os nosos ouvidos, xa ninguén a cre.

Aquí estamos nós. Sufrimos e sen embargo, sabemos bailar. Golpéannos e empúrrannos pero sempre hai unha man coa que se levantar. Expúlsannos das nosas vivendas pero sabemos defendernos cos nosos propios corpos e a cada vez somos máis persoas as que permanecemos en pé. Recórtannos e anúlannos pero é tan forte a nosa voz que nin o seu ruído mediático a consegue apagar. Agréndennos pero é tan firme a nosa convicción do noso lexítimo dereito a resistir que volvemos a camiñar. Sepárannos pero non hai pegamento mellor do que a nosa atracción pola comunidade e o ben colectivo. Pola transformación.

Ollade para nós. Nós non temos medo. Mirádenos de frente. Estes son os nosos rostros.  Velaquí vedes e sentides a nosa felicidade. Esta é a nosa felicidade a pesares de. A pesares da vosa desvergoña, a pesares de que nos roubedes unha e outra vez, a pesares de quen nos malledes, a pesares de que nos silenciedes. Esta é a nosa felicidade, a felicidade da xente que construímos a unha coa outra, custe o que vos custe, un mundo mellor.

Imos amodo porque imos lonxe. Nos nosos pasos non hai terror. Somos quen. Confiamos nas nosas propias forzas. Poderedes arrincar as flores pero non poderedes deter a primavera. Esta é a nosa decisión e o noso camiño e non hai cancela ou valo que o vaia parar.

Galiza, a 1 de decembro do 2014.

Plataformas de Afectad@s pola Hipoteca e Colectivos Stop Desafiuzamentos de Galiza.

||||||||||||||

domingo, 23 de novembro de 2014

Manifestación pola desafectación do Plan do Ofimático - A veciñanza de Elviña maniféstase contra o desaloxo e demolición da casa de Isabel e Álvaro


Manifestación pola desafectación do Plan do Ofimático


A veciñanza de Elviña maniféstase contra o desaloxo e demolición da casa de Isabel e Álvaro e pola desafectación do Plan do Ofimático

Ás 20:00h de onte, xoves día 20, a veciñanza da Coruña amosou o seu apoio a Isabel e Varo e ás outras familias do lugar de Elviña ameazadas polo desaloxo forzado do seu fogar por mor das obras do Parque Ofimático. Obras que en sí mesmas non satisfacen carencia algunha pero sí impoñen novas necesidades habitacionais a xentes cuxo delito é residir durante máis de medio século no barrio de Elviña.

No día de onte, o Lugar de Elviña teceu unha rede de apoio e coidados ante a agresión e extorsión que ao longo de máis dun ano estas familias levan padecendo. O colapso de Alfonso Molina é a mostra do apoio cidadán ante a imposición da especulación urbanística, a protesta ante intereses escuros onde o concello en lugar de atender ás demandas das residentes satisface as esixencias dos intereses privados en nome dun progreso urbano cimentado na desaparición das comunidades xa existentes e significándose a instauración da artificialidade especulativa como forma de vida.

O apoio comunitario que Isabel e Varo, e o resto de familias afectadas, veñen de sentir ao longo da tarde do xoves 20 é o comezo da presión popular que se abre paso entre a represion e coherción policial, a presión despótica dunha gobernanza tiránica e a inxustiza nomeada como "progreso" e "avance".

A unión e a solidariedade é o noso xeito de construír cidade, fronte ás maneiras violentas que pretende impoñer o Concello da Coruña, que fai tempo que esqueceu que ten que estar ao servizo das e dos habitantes, non dos intereses especulativos. Ao igual que o alcalde Negreira e o concelleiro Prado agóchanse para non dar a cara diante das familias ás que lles quere esnaquizar a vida, tamén no mediodía de hoxe aproveitaron que a concentración realizada pola veciñanza non foi tan numerosa para tentar coaccionalas novamente.

Ao pouco de comezar a concentración na beira de Alfonso Molina, cando algunha xente se atopaba na pasarela que une Elviña-Galán (marxe esquerda da avenida) con San Vicente de Elviña (marxe dereita) para colgar unha pancarta, a Policía Nacional chegou, díxolles que non se podía estar alí arriba en grupos de máis de cinco e moito menos con pancarta. A veciñanza protestou pero accedeu, aínda que iso non detivo o catálogo de coaccións, abusos e tentativas de intimidación que traían preparado. Pediron identificacións e ameazaron con levarse detidas a varias persoas, ó que a xente alí concentrada negouse dicindo que as levaban a todas ou a ninguén. Finalmente todo se resolveu sen máis incidentes, pero as ansias de revanchismo do Concello e a Delegación de Goberno polo acontecido o día anterior son evidentes.

Cales son as reclamacións da xente de Elviña


As familias afectadas polo Plan Ofimático levan tempo esixindo unha solución á súa situación. Consideran que o xusto é que se lles desafecte do Plan, deixando a marxe dereita da Avenida Alfonso Molina (o lugar de San Vicente de Elviña) libre de derrubos, en tanto é unha zona que no proxecto apenas está esbozado que forma vai tomar (un viaducto imposible, equipamento indefinido que nun principio será escolar pero “xa se verá”...). Así o expresaron nas alegacións ó Plan presentadas no mes de Maio, que fican sen resposta desde aquela.

Hai que lembrar que o Plan aínda non está pechado, que hai pouco se lle fixeron modificacións para engadir reclamacións de Adif, pero que parece blindado ante as alegacións de quen non son grandes empresas. A Universidade presentou alegacións, a Asociación de Veciños tamén, e o mesmo fixeron varias familias afectadas (entre elas a de Isabel e o seu fillo Álvaro), pero a única resposta é o silencio. Sen embargo o Plan, legalmente, non será definitivo ata que tódalas alegacións sexan respostadas.

A veciñanza de Elviña reclama por isto que se paralicen inmediatamente os desaloxos e derrubos, que se resposte ás alegacións ó Plan presentadas, que se poña xa data á reunión co alcalde Negreira e o concelleiro de Urbanismo, Martín Fernández Prado, solicitada a comezos de setembro, e que se modifique o plan de urbanización do Ofimático a fin de garantir a protección e conservación do núcleo de San Vicente de Elviña. Todos estes pasos dependen da vontade do Concello, que ata o momento se despreocupou por completo das necesidades que non fóran marcadas polas grandes empresas constructoras.

Por que o Concello non dá unha resposta afirmativa á desafección do plan urbanístico que dende fai máis dun ano levan demandando as familias residentes? Que intereses en forma de connivencia coas empresas promotoras comparte o Concello da Coruña para non suprimir a ponte que ameaza a casa de Isabel e Álvaro e, conseguintemente, reordenar o sistema de accesos ao sector? Por que Carlos Negreira e o seu equipo de desgoberno non acometen a paralización cautelar inmediata da execución da urbanización e dos actos derivados da mesma como é o desaloxo forzoso de Isabel e Álvaro? Por que Concello e Xunta de Galicia inhiben súa responsabilidade cargando a súa ineptitude e desleixo en forma de mobbing administrativo e policial, extorsión inmobiliaria sobre os residentes de Elviña que en ningún momento foron consultados sobre o devir das presentes obras, asumindo por parte das institucións que a súa única función era a de espectadores pasivos ou, no peor dos casos, obstáculos da posta en marcha dun Plan faraónico e innecesario?

Non pode ser que o Concello continúe protexendo os dereitos de urbanización das grandes promotoras (que neste momento non queren invertir neste proxecto) en detrimento e vulneración activa dos dereitos humanos fundamentais das familias de Elviña. As mobilizacións contra os abusos do Goberno Local non cesarán ata que se atendan as reclamacións da veciñanza.

A Coruña, 21 de Novembro de 2014.

Elviña non se vende, Elviña se defende!

--
@desahuciocoruna
Blog: stopdesahuciosacoruna.blogspot.com
Facebook

Grupo de Stop-.desafiuzamentos d'A Coruña


|||||||||||||||||||||||||

venres, 31 de outubro de 2014

Absoltas de todos os cargos


As seis persoas acusadas hai un ano polo desafiuzamento de Elisabeth Sanlés foron absoltas de tódolos cargos na mañá de hoxe.

Parabéns xs compañeirxs!

A loita é o único camiño!

Enlace relacionado:

Seis persoas serán xulgadas mañá por apoiar a unha muller enferma a piques de ser desafiuzada.

|||||||||||||||||||||||

domingo, 19 de outubro de 2014

Seis persoas serán xulgadas mañá por apoiar a unha muller enferma a piques de ser desafiuzada



Boa tarde,


Mañá, luns 20 de outubro, ás 10.30hrs., terá lugar o xuízo contra as seis persoas detidas durante o desafiuzamento de Elisabeth Sanlés o pasado 27 de novembro de 2013. Dende as 10.00hrs. da mañá convocamos á cidadanía da Coruña a acompañar e arroupar a estas activistas a través dunha concentración diante dos xulgados da R/Monforte*.

Ao non teren oposto ningún tipo de resistencia cando a policía entrou na vivenda –a ampla presenza de medios de comunicación en fronte das xanelas da vivenda testemuña este feito-, inicialmente a policía tan só xuntou momentaneamente a estas seis persoas  nunha das habitacións, e mesmo confirmoulles que ao saír da vivenda permitiríanlles levar consigo os xoguetes que había na casa para devolvérllelos aos cativos. Sen embargo, ao cabo dun rato escoitaron como de súpeto dábanse novas instrucións ao operativo policial,  instándoos a proceder á detención e fichaxe policial destas seis persoas que estaban axudando ca mudanza a Elisabeth Sanlés no interior da vivenda, sorprendendo incluso aos axentes integrantes do operativo. A día de hoxe, por culpa desta arroutada dun mando policial, estas seis activistas están acusadas de “desobediencia”, inda que cando as trasladaban á comisaría dixéronlles que a acusación sería de “desordes públicos”, boa mostra de que nin a propia policía tiña claro por qué estaban levándoas detidas.

Para contextualizar esta vingativa reacción policial –supoñemos que instigada dende a Delegación e Subdelegación do Goberno- cómpre lembrar que con axuda da cidadanía da Coruña e STOP Desafiuzamentos, Elisabeth Sanlés, enferma de fibromialxia, con tres fillos e uns ingresos mensuais de 200€, lograra xa parar a primeira tentativa de desafiuzamento do seu fogar, o 8 de outubro de 2013.

Á vista deste éxito social, a segunda vez que tentaron desafiuzala o Xulgado elaborou unha estratexia co obxectivo de anular toda posibilidade de arroupamento e protección por parte da cidadanía e, de paso, tentar dificultar a cobertura mediática: notificou con tan só unhas horas de antelación que ía executar o lanzamento –o avogado de Elisabeth recibiu comunicación do Xulgado, vía correo electrónico, ás 18.00hrs do día anterior-.

Pero por se non abondase esta limitación de prazo co obxectivo de estrangular as posibilidades de facer fronte á perda do seu fogar, a policía decidiu irromper na vivenda aproximadamente tres horas antes da hora sinalada para o desafiuzamento. Como se dun operativo policial de máximo risco se tratara, apareceron sobre as 7 da mañá nunha furgoneta camuflada, e numerosos axentes introducíronse armados e con pasamontañas no portal de Elisabeth Sanlés. Parecía unha película, si, pero de terror. Cortaron a rúa e despregaron un operativo de ducias de antidisturbios que militarizou o barrio do Castrillón durante varias horas. No medio do asalto á vivenda, identificábase  tamén claramente policías non uniformados, ca faciana tamén tapada con pasamontañas, especialmente formados para tirar abaixo as portas das casas de persoas en risco de perder o seu fogar. Formar unha unidade especial para tombar portas e non llo ter que pedir aos bombeiros foi a única ensinanza que a policía e a Delegación do Goberno extraeron do mediático caso de Aurelia Rey.

Á vista do desorbitado despregue policial, o desafiuzamento de Elisabeth Sanlés constitúe a día de hoxe o máis perverso exemplo de despilfarro de diñeiro público para amedrentar e expulsar do seu fogar a unha muller enferma que ademais, como subliñara uns días antes o titular do Xulgado de Primeira Instancia número 9 da Coruña a través dunha providencia, atopábase en "situación de especial vulnerabilidade ou desvalimento".  Aliás, a pesar de que a actitude das  activistas e da xente que acudiu a apoiar a Elisabeth foi totalmente pacífica, convertiuse no desafiuzamento con máis persoas detidas de cantos ten habido até o dagora na Galiza.

No contexto actual de abafante corrupción política e bancaria, a maioría das persoas temos asumido que o Partido Popular forma parte da trama organizada que decidiu afundir  o sistema financieiro para provocar a desestructuración da base do sistema de garantías sociais –sanidade, educación, emprego...-, dando lugar á depauperación total das clases traballadoras e favorecendo a privatización dos servizos públicos a través do seu deterioro intencionado e posterior desmantelamento. Así, lonxe de facer fronte aos políticos e banqueiros criminais, o PP está esforzándose por lexislar para afogar ás persoas que denuncian publicamente estes delitos, impoñendo unha lexislación contraria á liberdade de expresión e manifestación, como é o caso da chamada “Lei Mordaza”/”Ley de seguridad ciudadana”, que foi  levada a tramitación parlamentaria fai apenas uns días -o pasado 16 de outubro-, co único apoio do Partido Popular.

Como vimos denunciando dende o ano 2013 a través da campaña “Múltannos a nós para asustarte a ti”, o Partido Popular está a desenvolver todo tipo de estratexias represivas para acalar as críticas que denuncian o ataque aos dereitos humanos e sociais instigados dende o actual Goberno central. Esta situación está sendo denunciada tamén a través de organizacións internacionais, como fixo o pasado mes de abril Amnistía Internacional no seu informe “España: el derecho a protestar amenazado”. A día de hoxe, tan só en STOP Desafiuzamentos A Coruña, e pese a que tódalas nosas accións reivindicativas foron absolutamente pacíficas, acumulamos case 6.000€ en multas.

Defender os dereitos humanos e sociais non é un crime! O que é un crime é permitir que nos últimos cinco anos os bancos deixaran sen fogar a máis de 12.000 familias galegas co beneplácido do goberno do PP, que ademais afonda na crueldade desta situación favorecendo que case 300.000 vivendas, máis de 100.000 delas novas ou case novas, fiquen baleiras e apodrecendo, constituíndose no mellor icono metafórico das cabezas dos “nosos” podres gobernantes.


Xuízo a 6 activistas polo desafiuzamento de Elisabeth Sanlés
Concentración solidaria
10:00hrs.

Xulgados
R/Monforte, s/n
A Coruña
Declaracións aos medios de comunicación.
Héctor Tejón –voceiro de STOP Desafiuzamentos A Coruña- e Antonio Vázquez –avogado de Elisabeth Sanlés-
10:15hrs.
Xuízo
10.30hrs.
Valoración do xuízo para os medios de comunicación.
Ao finalizar a vista

Cronoloxía  do caso de Elisabeth Sanlés:
(04/10/2013) O caso de Elisabeth,
(06/10/2013)
Convocatorias contra o desafiuzamento de Elisabeth
(14/10/2013)
Caso Elisabeth - Presentado o recurso para a suspensión do desafiuzamento
(20/10/2013)
Caso Elisabeth - Sen solución dúas semanas despois
(26/11/2013)
URXENTE! Novo intento de desafiuzamento de Elisabeth
(28/11/2013)
Concentración en condena da represión policial efectuada durante o desafiuzamento de Elisabeth Sanlés
(30/11/2013)
Cantas familias na rúa precisa o Concello para facer dunha vez por todas o seu traballo?
(03/12/2013)
O IGVS, a última esperanza de coherencia no caso de Elisabeth Sanlés
(07/12/2013) O IGVS rexeita a solicitude urxente de vivenda de Elisabeth Sanlés
(25/02/2014) X. M. Quintela, responsábel de Servizos Sociais, xulgado por inxurias e/ou vexacións contra unha usuaria e activistas de STOP Desafiuzamentos
(10/06/2014) O responsábel de Servizos Sociais da Coruña visita por 2ª vez os xulgados por insultar a unha usuaria
Cronoloxía de denuncias da represión exercida polo Partido Popular:
[30/06/2013] MÚLTANNOS A NÓS PARA ASUSTARTE A TI (panfleto)
[02/07/2013] MÚLTANNOS A NÓS PARA ASUSTARTE A TI - Campaña informativa
[09/07/2013] Dúas novas sancións por participar en mobilizacións de apoio ao dereito á vivenda
[10/07/2013] Catro persoas máis propostas para sanción
[08/08/2013] Campaña MÚLTANNOS A NÓS PARA ASUSTARTE A TI
[17/08/2013] DEFconDOS e KONFLIKTO contra a represión dos movementos sociais
[20/09/2013] Os "petos de resistenza" chegan á rúa co apoio dunha trintena de establecementos coruñeses
[28/11/2013] Concentración en condena da represión policial efectuada durante o desafiuzamento de Elisabeth Sanlés
[16/05/2014] Escalada represiva do Partido Popular para tentar acalar as críticas sociais
[07/07/2014] DA REPRESIÓN A DOMICILIO AO ACOSO PERSONALIZADO. Recruece a violencia do PP contra a liberdade de expresión
[09/07/2014] Acompañamento popular ás compañeiras xulgadas polo desafiuzamento de Aurelia Rey
[11/07/2014] Manifestación contra a represión
[02/09/2014] Xulgarán por “alteración da orde pública” ao bombeiro que se negou a intervir no desafiuzamento de Aurelia Rey
[03/10/2014] Festa e solidariedade contra a represión do Partido Popular
 
Moitas grazas pola vosa atención

Un saúdo e moi boa xornada,

STOP Desafiuzamentos A Coruña

--
@desahuciocoruna
Blog: stopdesahuciosacoruna.blogspot.com
Facebook

Grupo de stopdesahucios de A Coruña



http://youtu.be/UOOQUnQATpE


||||||||||||||||||||||||||

Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, participou na acción coordinada e simultanea que se denvolveu en diferentes cidades da Galiza, diante do IGVS, contra o engano e malfacer institucional e en demanda dunha vivenda digna e adecuada


A mañá do venres 17 de Outubro, concéntramo-nos, na Praza Amada Garcia de Ferrol, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, para denunciar publicamente o abandono, por parte do Instituto Galego da Vivenda e Solo das súas responsabilidades con respecto ás familias e persoas desafiuzadas e para demandar que se cumpra o dereito a unha vivenda digna e adecuada .

Concéntramo-nos para demandar que se cumpra o dereito a unha vivenda digna e adecuada, comezando polas persoas máis vulnerábeis e sen recursos económicos, así como para solicitar información sobre as 500 vivendas das que, segundo as medidas aprobadas pola Xunta, dispón para todo o País e que se fagan públicas, tamén para que se nos facilite información sobre o parque de vivenda social baleira que hai en Ferrol, Narón e no resto dos concellos das comarcas do noroeste galego.

Hai que ter en conta que a Lei 3/1988 de creación do Instituto Galego de Vivenda e Solo, recolle no seu Artigo nº 3 que o IGVS ten como función “garantir os dereitos constitucionais a unha vivenda digna e adecuada, especialmente para os sectores con menos capacidade económica ...”. Desde as plataformas que demandamos a aplicación efectiva do dereito humano a unha vivenda digna e adecuada, denunciamos que non se está cumprindo con este mandato.

Ao mesmo tempo, compañeiras e compañeiros das PAHs e de STOP Desafiuzamentos de Compostela, Ourense,  Lugo e A Coruña, concentraban-se coordinadamente diante das delegacións do IGVS que ten en cada unha destas cidades, confluíndo así na primeira acción reivindicativa sincronizada realizada por colectivos antidesafiuzamentos na Galiza. Outras plataformas de STOP's e PAH's da Galiza, como,  Barbanza, O Sanés, Ponteareas e Pontevedra, realizaron outro tipo de accións mais de acorde co seu xeito de funcionamento e dispoñibilidade, algunhas plataformas enviaron escritos ao IGVS. A PAH de Vigo-Tui manifestaba-se ao día seguinte, sábado 18 de Outubro, contra a pobreza, a exclusión social e por un reparto da riqueza equitativo para tod@s.

Concéntramo-nos diante das sedes do IGVS, porque está claro que diante do engano e malfacer institucional teremos que ser nós quen construamos e conquistemos os nosos dereitos.

O mesmo día da acción, o IGVS fixo público un comunicado dicindo que están a desempeñar o seu cometido perfetamente, intentando desmentir cunha información parcial, a denuncia das plataformas antidesafiuzamentos. O Grupo d'A Coruña de Stop-Desafiuzamentos, contestou o comunicado oficial do IGVS inmediatamente que publicamos no noso sitio-e co titulo "Aclarando o misterio das 500 vivendas do Instituto Galego da Vivenda e Solo".

Nin casas sen xente nin xente sen casa!

Saúde e vivenda Digna !

Si se pode !  #Limite24D

Foto de Jorge Meis publicada no Diario de Ferrol.

|||||||||||||||||||

venres, 17 de outubro de 2014

Aclarando o misterio das 500 vivendas do Instituto Galego de Vivenda e Solo


Moi boa tarde a todas e todos,


Na mañá de hoxe colectivos antidesafiuzamentos da Coruña, Ourense, Ferrol Terra, Lugo e Compostela acudimos ás oficinas do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) [1] para denunciar o desleixo de responsabilidades que esta institución á que lle corresponden “as competencias e funcións en materia de política de vivenda, favorecendo o acceso dos cidadáns ao dereito, constitucionalmente garantido, dunha vivenda digna e adecuada” está a cometer.


No caso de STOP Desafiuzamentos A Coruña, mantivemos unha concentración diante da delegación do IGVS na cidade baixo o lema “A súa solución, caixas de cartón”, escenificando con traxes feitos con caixas que a única opción que esta institución contempla para as persoas e familias desafiuzadas é precisamente durmir na rúa cubertas con cartóns. Tamén contamos con compañeiros e compañeiras que recitaron poemas a través dos cales abordaron o drama da perda da vivenda, así como cuestións vinculadas á loita contra os desafiuzamentos, tales como a represión policial ou a preeminencia do valor económico por riba dos propios valores éticos. Aliás, repartimos pasquíns informativos sobre as medidas aprobadas, pero incumpridas, pola Xunta en materia de desafiuzamentos.

Dándose por aludido, o IGVS  publicou hoxe un comunicado valorando que están a desempeñar o seu cometido perfectamente e, de paso, contradinse a si mesmos negando que existan 5.000 persoas na provincia demandando vivenda, cando este é precisamente o argumento que lle dan por escrito ás persoas que a solicitan.

Non obstante, afortunadamente non tódalas persoas que traballan no IGVS teñen a impresión de que están a desempeñar as súas labouras correctamente, e estas son as valoracións que na delegación territorial do IGVS na Coruña trasladaron hoxe ás representantes de STOP Desafiuzamentos que acudiron a pedir información sobre as 500 vivendas que o presidente Feijoo anunciou en decembro de 2012 que estarían a disposición das persoas e familias desafiuzadas.
  • Das 500 vivendas non saben nada. Practicamente déronnos a entender que fora unha ocorrencia do presidente Feijoo,  palabras ao aire para dar a impresión de que fan algo.
  • Propostas en firme de alugueiro social do IGVS: non hai nin se espera. Só moi de cando en vez, e a través dunha reunión da Comisión Provincial con carácter excepcional, valoran expedientes dentro dos e das solicitantes de adxudicación directa. Pero vaia, tendo en conta que lle denegan alugueiro social a mulleres enfermas, no paro e con fillos/as, non queda claro que requisitos dramáticos hai que cumprir para que se dea esta medida excepcional.
  • Sen embargo, proseguiu a persoa que nos atendeu, na Lei de Vivenda si que se establece que poderíanse facer ou conceder vivendas de carácter asistencial, pero nunca se desenvolveu este punto. É máis, segundo nos dixeron, o desenvolvemento desta Lei corresponderíalle á  Consellería de Benestar en contacto co IGVS, pero esta mañá confirmáronnos no propio IGVS  que en ningún momento se valorou esta posible alianza interinstitucional.
  • En plena crise e afogadas por un problema social de acceso á vivenda sen precedentes, o recorte en orzamentos do IGVS é enorme -"estratosférico", dixo a persoa que nos atendeu-. Así que simplemente non se están facendo actuacións de vivendas protexidas porque o IGVS non ten orzamento para actuar nese sentido. É máis, hai vivendas das que xa recuperou a titularidade -vivendas nas que vivían persoas que as deixaron-, pero non hai orzamento para reparalas.
  • Por outra banda, a nivel provincial, aclarounos que na Coruña non van adxudicar vivendas de carácter asistencial polo IGVS, por moito que sexa o seu cometido velar por que se cumpra o dereito “constitucionalmente recoñecido” a unha vivenda digna. Mais ben os intereses do IGVS son outros, estritamente vinculados á promoción da propiedade privada e ó interese financieiro. Segundo nos adiantaron, nuns días publicarase na web un acordo da comisión de vivenda provincial do IGVS polo cal sacarán 5 vivendas públicas na Coruña. Iso si, para adxudicalas en réxime de compra-venda a unidades familiares cuns ingresos non inferiores ó 1,5 veces o IPREM.
  • E xa dende un plano máis local, confirmáronnos hoxe que o corrupto Concello da Coruña dispón de chan cedido polo IGVS, que á súa vez outórgalle vivendas para que as xestione. Inda por riba tamén ten parque de vivendas propio. Para acceder a estas vivendas hai que inscribirse previamente, pero trátase dun proceso de libre concorrencia polo cal tes que ter uns ingresos que a día de hoxe poderiamos considerar “medios”  para acceder a este tipo de vivendas.  O problema é que, por unha banda, os servizos sociais  do Concello non están avisando destas convocatorias ás persoas usuarias en situacións máis vulnerables e, por outra, o nivel de ingresos esixido para acceder ás mesmas é moi alto, condición que obviamente non  se corresponde coa situación económica real da xente que se atopa en risco de exclusión social.

Dende os distintos colectivos que loitamos na Galiza para que se cumpra o dereito a unha vivenda digna seguiremos instando ao IGVS e aos nosos respectivos concellos a darnos respostas, e mobilizarémonos activamente para esixir que cumpran cas súas responsabilidades.

Moitas grazas pola vosa atención


[1] Axuntamos imaxes correspondentes á mobilización realizada na Coruña. Tamén no Facebook de STOP Desafiuzamentos A Coruña tendes unha compilación das imaxes publicadas polos colectivos participantes na acción coordenada de esta mañá.

Un saúdo e que teñades moi boa xornada,

STOP Desafiuzamentos A Coruña
--

___________________

Hoxe 17 de Outubro, concentraremos-nos para denunciar publicamente o abandono, por parte do Instituto Galego da Vivenda e Solo das súas responsabilidades con respecto ás familias e persoas desafiuzadas e para demandar que se cumpra o dereito a unha vivenda digna e adecuada



Este, venres 17, ás 12 do mediodía acudiremos ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol (Praza Amada García) para denunciar publicamente o abandono, por parte do Instituto Galego da Vivenda e Solo das súas responsabilidades con respecto ás familias e persoas desafiuzadas e para demandar que se cumpra o dereito a unha vivenda digna e adecuada, comezando polas persoas máis vulnerábeis e sen recursos económicos, así como para solicitar información sobre as 500 vivendas das que, segundo as medidas aprobadas pola Xunta, dispón para todo o País e que se fagan públicas e se nos facilite o parque de vivenda social baleira que hai en Ferrol, Narón e no resto dos concellos das comarcas do noroeste galego.


Ao mesmo tempo, compañeiras e compañeiros de STOP Desafiuzamentos Compostela, STOP Desafiuzamentos Ourense, STOP Desafiuzamentos Lugo e STOP Desafiuzamentos d'A Coruña, acudirán ás sedes que o IGVS ten en cada unha destas cidades, confluíndo así na primeira acción reivindicativa sincronizada realizada por colectivos antidesafiuzamentos na Galiza.


E non é de estrañar que sexa precisamente o Instituto Galego de Vivenda e Solo o que teña a vergoñenta honra de que todas vaiamos protestar á súa porta, xa que precisamente está a ser a Xunta de Galicia a institución pública máis cinicamente inoperativa de todas cantas teñen competencias en materia de vivenda no noso País, e o IGVS a súa ferramenta fundamental para vulnerar os máis elementais dereitos humanos.


Maio de 2012: A Xunta de Galiza publicita un decreto “para paliar os efectos da crise” sobre as familias desafiuzadas. A día de hoxe, non sabemos de ningún caso no que se teña conseguido aplicar este decreto.


Decembro de 2012: o presidente Alberto Núñez Feijóo en persoa anuncia un Programa de Realoxo dotado inicialmente con 500 vivendas, aprobado no Consello de Goberno do día 5.  Non se sabe de ningunha familia ou persoa á que se lle teña concedido unha destas vivendas. As solicitadas co apoio de STOP Desafiuzamentos A Coruña foron todas denegadas. Saíu publicado na prensa que se concederon 33 adxudicacións, mais non se sabe nin como, nin cando, nin a través de que procedemento.


Xaneiro de 2013: o daquela Director do IGVS, Antonio José Boné Pina, comprométese con STOP Desafiuzamentos do Barbanza a que ningunha familia vai quedar sen dereito a unha vivenda digna. Esta mesma mentira “vendeulla” o IGVS tamén a STOP Desafiuzamentos Compostela apenas un mes máis tarde. A día de hoxe, o único exemplo que coñecemos no que o IGVS concedera unha vivenda foi no caso de Aurelia Rey. Porén, a partires de aí non concedeu vivenda a ningunha das persoas que a solicitaron apoiadas polos distintos colectivos antidesafiuzamentos galegos. Ademais, segundo datos do propio IGVS, tan só na provincia da Coruña acumúlanselle 5.000 casos de persoas baixo o limiar da pobreza e en grave risco de exclusión social ás que tampouco ten pensado atender na xestión dunha vivenda onde meterse.


Abril de 2013:  Feijoo vende fastuosamente a sinatura dun convenio entre  Xunta, Concellos e Poder Xudicial, disque para “adoptar medidas de carácter social” e “mobilizar as 500 vivendas que a Xunta ten a disposición das familias desafiuzadas”. Non se soubo máis do tema... Non temos coñecemento de ningún caso no que se teña activado este protocolo, e iso que solicitámolo varias veces.


Maio de 2013: A Xunta de Galicia emite a Orde de 16 de maio de 2013 pola que se determina como colectivo de atención preferente con axudas excepcionais ás personas afectadas por execucións hipotecarias no marco do Programa Aluga. Non coñecemos ningún caso no que unha familia ou persoa desafiuzada fora acollida por este programa.


Mentiras e máis mentiras. Rir na cara de persoas desesperadas ás que lles acaban de arrebatar o máis elemental para ter unha vida minimamente estable, unha vivenda.  Namentras, o  feito de que estas institucións estean a incorrer nunha obscena deixadez de responsabilidades ten consecuencias dunha gravidade intolerábel.


Como xa temos informado, alegando non apreciar “singularidade” con respecto ás outras 5.000 solicitantes, na Coruña neste momento o IGVS denégalle unha vivenda pola vía de emerxencia a unha muller enferma de fibromialxia e ao coidado da súa nai as 24hrs. do día.  O mesmo lle dixo uns meses antes a Elisabeth Sanlés, enferma tamén, con tres fillos e desafiuzada uns días antes cun custosísimo e desproporcionado operativo policial.


En Ourense, o IGVS vén de lle denegar unha vivenda a outra muller, vítima de violencia machista, diagnosticada de trastorno depresivo, ao cargo dun fillo e dúas fillas, unha delas cunha minusvalía do 38%.


En Compostela, a inasumíbel burocracia e a falta de interese do funcionariado do IGVS lograron o seu obxectivo: que a familia de Aríns integrada por seis membros -con menores de idade e unha persoa maior con mobilidade reducida- estafada por un prestamista asumira que de nada serviría pedir unha vivenda pola vía de urxencia.


A vivenda non é unha propiedade, senón un dereito básico recollido no Art. 47 da Constitución. Pero o IGVS e a Xunta so saben dun dereito, o “dereito á mendicidade”, así que rexeitan cumprir cas súas responsabilidades e manteñen 300.000 vivendas baleiras en Galicia, e case 10 en ferrol, e 16.00 no conxunto da comarca. Para nós, a lección do Art. 47 é que os dereitos humanos só existen cando se loita por eles.


Cando o Concello, a Xunta, o Estado comercian cas nosas vidas, están a facer negocio cos nosos dereitos.


Este venres 17 concentrarémonos nas sedes do IGVS na Coruña (12:00hrs), Lugo (12:00hrs), Compostela (10.30hrs.), Ferrol (12:00hrs) e Ourense (12:00hrs), porque está claro que diante do terrorismo institucional teremos que ser nós quen construamos e conquistemos os nosos dereitos. Nin casas sen xente nin xente sen casa!

Saúde e vivenda Digna !
Si se pode !  #Limite24D


Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra

http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

Local:
Avda. Castelao S/N.
Local de Arméria Soc. coop. Galega
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
1406-Ferrol

||||||||||||||||||||

Enlaces relacionado
s:

Alegamos contra o rexeitamento do IGVS e denunciamos a súa compricidade na vulneración dos dereitos humanos. | Acceder.

Acción de denuncia e protesta, convocada para o vindeiro venres 17 de Outubro, ás 12 do mediodía, diante do Edificio da Xunta, en coordinación co resto de PAHs e STOPs de Galiza, para evidenciar a actitude do IGVS ao poñer todas as trabas posíbeis á adxudicación de vivendas para persoas en situación de vulnerabilidade social

| Acceder.
||||||||||||||||||||||

xoves, 16 de outubro de 2014

Acción de denuncia e protesta, convocada para o vindeiro venres 17 de Outubro, ás 12 do mediodía, diante do Edificio da Xunta, en coordinación co resto de PAHs e STOPs de Galiza, para evidenciar a actitude do IGVS ao poñer todas as trabas posíbeis á adxudicación de vivendas para persoas en situación de vulnerabilidade social

Acción simultanea e coordinada co resto de PAH's e STOP's de Galiza, para denunciar a actitude do IGVS ao poñer todas as trabas posíbeis á adxudicación de vivendas para persoas en situación de vulnerabilidade social e negar-se a facilitar o censo e estado das vivendas de propiedade pública baleiras.

Como no resto das cidades da Galiza, en Ferrol, vai ter lugar unha concentración de denuncia e protesta.

Data: Venres 17 de Outubro.
Hora: 12 do mediodía.
Lugar: Praza Amada García, diante do edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Obxectivo: denunciar e protestar pola actitude do IGVS de non adxudicar vivendas para persoas en situación de vulnerabilidade social e negar-se a facilitar o censo e o estado das vivendas de propiedade pública baleiras nos concellos das comarcas. E presentar un escrito coas demandas no citado organismo.

O pasado 8 de outubro, recebemos unha comunicación-proposta do Grupo de Stop Desafiuzamentos da Coruña, dirixido tamén ao resto de PAH's e STOP's de toda Galiza. Formulan a convocatoria dunha mobilización simultanea diante de todas as delegacións do IGVS, para "evidenciar a actitude inhumana do IGVS ao poñer tódalas trabas posíbeis á adxudicación de vivendas para persoas en situación de vulnerabilidade social, salientar que non está a cumprir ca lexislación elaborada especificamente para apoiar ca xestión dunha vivenda ás persoas en risco de desafiuzamento, e demandar que aclaren publicamente de cantas vivendas dispoñen e cales son exactamente os criterios de adxudicación, xa que parece que ninguén lles parece axeitad@ para concederlle unha vivenda, por moi dramática que sexa a súa situación". Pedían "que ese día se realicen tamén mobilizacións de denuncia contra o IGVS en tódalas cidades e vilas galegas nas que sexa posíbel, é dicir, unha especie de acción coordenada descentralizada das PAH´s e STOP´s de Galiza".

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, como a maioría de STOP's e PAH's de Galiza, decidiu secundar a convocatoria simultanea e coordenada.

Ademais das vivendas públicas municipais de Recimil, das que o Goberno Municipal de José Manuel Rey Varela, vulnera constantemente o seu Regulamento, aquí en Ferrol, hai moitas vivendas que son do IGVS das que non sabemos cantas hai baleiras. Teremos que pedir á Xunta de Galicia que informe de cantas hai e da súa situación.

En Ferrol acordamos secundar a convocatoria polo que nos imos concentrar o vindeiro venres 17 de Outubro.

Nin casas sen xente nin xente sen casa!

Saúde e vivenda Digna !
Si se pode !  #Limite24D

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra

http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

Local:
Avda. Castelao S/N.
Local de Arméria Soc. coop. Galega
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
1406-Ferrol

||||||||||||||||||||

Enlace relacionado
:

Alegamos contra o rexeitamento do IGVS e denunciamos a súa compricidade na vulneración dos dereitos humanos. | Acceder.

_________________________

venres, 3 de outubro de 2014

Os últimos datos do INE confirman o fracaso das medidas-parche do PP e a vulneración do dereito á vivenda

Hoxe publicáronse os datos do segundo trimestre sobre execucións hipotecarias. As cifras publicadas polo INE confirman, unha vez máis, que as medidas tomadas polo PP non fan máis que agravar a situación deemerxencia habitacional e de vulneración de dereitos humanos en materia de vivenda en todo o territorio de Estado.

Segundo os datos oficiais, no 2º trimestre de 2014 iniciáronse 32.960 execucións hipotecarias. Do total de execucións, 19.155 son vivendas, é dicir, case o 60%, e destas, máis do 50% son de vivenda habitual. Todos os datos facilitados pola administración indican que as execucións hipotecarias, lonxe de diminuír van en aumento. En total, estamos falando de que acumulamos máis de 550.00 execucións hipotecarias iniciadas desde 2007. E todo iso sen contabilizar os datos relativos ao aluguer, un drama crecente.

Antes de analizar os datos queremos denunciar, unha vez máis, que as cifras chegaron tarde e seguen sendo incompletas e insuficientes.

Os datos do INE unicamente distinguen entre persoa física e xurídica no caso de procedementos de execución hipotecaria iniciados no trimestre, en cambio non se especifica esa distinción nas cifras de desahucios.

Non se recollen datos clasificados por criterios básicos como o perfil das familias, si hai menores ou a situación laboral.

Non se inclúen tampouco estatísticas relacionadas coa pobreza enerxética ou o impacto na saúde que están sufrindo as persoas afectadas por esta constante vulneración de DDHH.

Nas PAHs levamos desde 2009 denunciando a falta de datos cuantitativos e cualitativos referentes ao procedemento de execución hipotecaria e a clara intencionalidade de facer invisíbel o drama dos desafiuzamentos e a vulneración sistemática do dereito á vivenda e os dereitos humanos por parte das administracións públicas. Non recoller datos estatísticos de calidade é unha decisión política que contribúe a que non se vexan os problemas.

Coa intención de paliar esta información cortada, as PAHs presentaron o ano pasado o Informe de Emerxencia Habitacional no Estado español a partir das enquisas realizadas pola xente afectada. Novamente, un paso por diante das institucións e con moi poucos recursos, desde as PAHs e o Observatorio DESC estamos realizando unha enquisa centrada no impacto en saúde e infancia do procedemento de execución hipotecaria que toda a xente afectada pode reencher.

Analizando os datos publicados hoxe -conxuntamente cos datos do CGPJ e do Banco de España- podemos concluír que 7 anos despois do estalido da burbulla inmobiliaria, a emerxencia habitacional no Estado Español lonxe de diminuír, aumenta. As cifras constatan o incremento dos desafiuzamentos e do número de execucións hipotecarias, e que nada do que fixo o Goberno mellorou a situación. As súas medidas-parche son un insulto e unha falta de respecto ás persoas afectadas.

Cunha aval de máis de 1,5 millóns de firmas da cidadanía que dan apoio ás demandas das PAHs non nos cansaremos de esixir unha e outra vez que se aprobe a ILP ante os oídos xordos do goberno do Partido Popular. A ILP é democracia e garantía de dereitos. Así mesmo, desde a Plataforma de Afectados pola Hipoteca tamén queremos denunciar a falta de transparencia por parte do Goberno en canto a datos de execucións hipotecarias refírese.

Mentres o Goberno mira para outro lado e protexe ás entidades financeiras somos a cidadanía organizada a que estamos autotutelando o dereito á vivenda, parando desafiuzamentos, arrincando dacións, condonacións e alugueres sociais ás entidades financeiras e producindo datos de calidade para dar luz ao drama das execucións hipotecarias. Até que non se faga efectivo o dereito á vivenda e as nosas medidas de mínimos non estean reguladas, as PAHs continuará nos xulgados, nos Concellos, nas rúas e onde faga falta.

¡Si se pode!

Estatística sobre Execucións Hipotecarias publicadas polo INE, do 2º  trimestre 2014. | Acceder/Baixar.

Enviado pola web estatal das PAHs o 30 de Setembro de 2014

|||||||||||||||||||||