Clicar acima da imaxe para ampliar
As PAH esiximos a concellos e CCAA que actúen fronte á urxencia habitacional.
Campaña de mocións municipais para a recuperación de vivenda baleira en mans de banco
Tralo caso andaluz, a PAH logra que en Terrassa se empezara a actuar contra os pisos baleiros en mans de bancos
En 2013, o Goberno do PP optou definitivamente por ser o goberno da banca e usou a súa maioría absoluta para lexislar contra a poboación. Así, entre outras medidas anti-sociais, deu as costas a demandas de mínimos como a dación en pago, a moratoria dos desafiuzamentos ou o aluguer social, malia que estas medidas contan co apoio da maioría da poboación. Por iso, desde as PAH teremos que facer o traballo da administración, forzando a bancos a negociar centos de dazóns e alugueres sociais, demostrando que si se pode, pelexando caso a caso grazas ao compromiso de miles de persoas.
Pero non podemos quedarnos aí. Non nos imos a resignar a que no estado español se sigan vulnerando os dereitos humanos coa complicidade das administracións públicas. Máis aló da maioría absoluta do PP, as administracións autonómicas e locais teñen moita máis capacidade de intervención da que están poñendo en práctica. Si miran cara a outro lado, vólvense elas tamén en cómplices.
Este ano, a presión das PAH e do movemento andaluz polo dereito á vivenda lograron unha primeira lei autonómica que por fin empeza a actuar contra o comportamento anti-social dos bancos. Aínda que de xeito aínda insuficiente, en Andalucía recóllese o que é un clamor popular: a banca responsable da crise e rescatada co noso diñeiro debe facilitar os pisos baleiros que acumula para poñelos en aluguer social. E si non acepta negociar, debe ser sancionada e expropiada en nome da función social da vivenda e o interese xeral.
Hoxe 31 de decembro, e grazas á acción de presión e asesoramento da PAH, en Terrassa asínanse as tres primeiras multas de 5.000€ a bancos por vivenda baleira. Son só as tres primeiras multas de máis de 700 expedientes abertos. É só o principio do que debería ser unha práctica xeneralizada.
O vindeiro venres 3 de xaneiro presentamos en Barcelona esta nova campaña, cun modelo de moción municipal que se levará a todos os concellos cataláns nas próximas semanas, e que faremos extensivo ao resto do Estado. Si se pode... e agora os concellos terán a oportunidade de demostrar si realmente queren.
31 de Decembro de 2013
Rolda de prensa en Barcelona, o 3 de Xaneiro de 2014, ás 11 da mañá:
En directo no canle das PAHs aquí (Logo queda gravado).
Enviado por: http://afectadosporlahipoteca.com/
|||||||||||||||||||