luns, 25 de novembro de 2013

Desobediencia fronte ás leis autoritarias do Partido Popular - Escrache virtual ao Partido Popular - Anteproxecto da Lei de Seguridade Cidadá

Desobediencia fronte ás leis autoritarias do Partido Popular

A aprobación da Lei de Seguridade Cidadá foi anunciada esta semana. Desde a PAH sumámosnos/sumámonos ao escrache virtual convocado en redes sociais para o día no que esta proposta de lei autoritaria se debate no Congreso. Co fin de propiciar que as centos de miles de persoas que mostraron o seu rexeitamento estes días a unha lei propia de régimenes ditatoriais poidan participar, copiamos as indicacións de como sumarse máis abaixo.

Info: A idea é saturar a menciones, en Twitter, aos deputados do Partido Popular e as contas oficiais e, en Facebook, encher os muros coa mensaxe escrita abaixo. A mensaxe está claro: A lei que o PP quere implantar é PURA DITADURA.


Enlaces a noticias relacionados

Interior llevará al Consejo de Ministros un proyecto de ley de seguridad ciudadana http://www.elmundo.es/espana/2013/11/13/52834c1661fd3d5f068b457b.html
Ojo con lo que tuiteas http://www.genbeta.com/actualidad/ojo-con-lo-que-tuiteas-la-convocatoria-de-una-manifestacion-puede-costarte-600-000-euros
“Tienen miedo de que estemos donde debemos estar” http://www.eldiario.es/sociedad/ley_seguridad_ciudadana-reacciones_0_198430382.html
Multas de 600.000 euros por convocar una protesta en Twitter ante el Congreso http://www.eldiario.es/politica/multa-convocar-protesta-Twitter-Congreso_0_198430170.html
Primavera Valenciana – Represion policial – LASexta Noticias.mpg https://www.youtube.com/watch?v=jLq6lNdY09o
La ‘Ley Anti 15M’ provoca un aluvión de críticas en las redes sociales http://www.elboletin.com/nacional/87912/ley-anti-15m-lluvia-criticas-redes-sociales.html
Para firmar: Paremos la propuesta de nueva Ley de Seguridad Ciudadana!! http://www.peticiones.org/paremos-la-propuesta-de-nueva-ley-de-seguridad-ciudadana-1367.html
Interior busca apretar las tuercas al 15M con la reforma de la Ley de Seguridad Ciudadana https://www.diagonalperiodico.net/libertades/20778-interior-busca-apretar-tuercas-al-15m-con-la-reforma-la-ley-seguridad-ciudadana
.@AdaColau (@LA_PAH) llama a una jornada de desobediencia y de escrache virtual contra el Gobierno http://goo.gl/6tRgry
Jueces califican de “innecesaria y autoritaria” la Ley de Seguridad Ciudadana http://owl.li/qZxbE
Camino al totalitarismo: las 10 protestas cívicas que el PP no quiere volver a ver: http://postdigital.es/2013/11/camino-al-totalitarismo-las-10-protestas-civicas-que-el-pp-no-quiere-volver-a-ver/#sthash.L6FAzYQU.dpuf
Interior dice que sólo multará las imágenes de policías que sean “malintencionadas” https://www.diagonalperiodico.net/libertades/20812-interior-dice-solo-multara-imagenes-policias-sean-malintencionadas.html
No tenemos miedo http://www.eldiario.es/zonacritica/miedo_6_198840137.html


Ferramenta multimención



Perfís de Twitter del Partido Popular.

Nombre / Puesto en el partido popular / Cuenta de twitter
Cuenta oficial del partido popular
@PPopular

@marianorajoy
@EnricMillo
@nieto_alcalde
@JVMariBoso
@AraceliPeris
@EvaOrtizVilella
@mercedesppelche
@bsemper
@LauraSampedroPP
@SebastianGR1965
@GrauRei
@Jiwert
@eloysuarezl
@martatorrado
@PacoMarquezdlR
@JaviPuente_PP
@anamadrazo61
@Quin1954
@TeoGarciaEgea
@margadcm
@MaraFalconPP
@Marionita8
@pablocasado_
@chemaalonsor
@TristanaMg
@idlserna
@JM_Beneyto
@enriquebarrasa
@PazLagoM
@Feijoo2012
@alicia_mm
@pedrorollan
@rosaromerocr
@SusanaCamarero
@SerafinCast
@carmenmaniega
@Sorayapp
@gmariscalanaya
@RafaMerino1
@BelenHoyo
@conrado_escobar
@INVIDIO
@AliciaSCamacho
@igonzalezPP
@ihenriquezluna
@cherines_pp
@inakiOyarzabal
@AlfonsoAlonsoPP
@JuananSanzNunez
@carolagudo
@VicentSerraF
@JRBauza


Contas de Facebook


MENSAXE TIPO PARA FACEBOOK:

A lei de Seguridade Cidadá é #PPuraDictadura. Defender a democracia e os dereitos non pode ser delito. Dillo a quen intentan meternos medo, nas súas contas de twitter, nos seus muros de facebook. Os dereitos non se multan. O medo cambiou de bando.

Página PP nacional: http://www.facebook.com/pp
Grupo Parlamentario Popular en el Congreso: http://www.facebook.com/GPPopular
Galicia https://www.facebook.com/ppdegalicia
A Coruña https://www.facebook.com/pages/PARTIDO-POPULAR-A-CORUÑA/140204852344
Ourense https://www.facebook.com/popularesdeourense
Pontevedra https://www.facebook.com/PPdePontevedra
Asturias https://www.facebook.com/ppasturias
Cantabria https://www.facebook.com/ppcantabria
País Vasco https://www.facebook.com/pages/Populares-Vascos/108968435829206
La Rioja https://www.facebook.com/pplarioja
Castilla y León https://www.facebook.com/PPCastillayLeon
Valladolid https://www.facebook.com/ppvalladolid
Zamora https://www.facebook.com/pages/Partido-Popular-de-Zamora/151137638277760
Salamanca https://www.facebook.com/ppsalamanca
Segovia https://www.facebook.com/partidopopulardesegovia
Comunidad Valenciana https://www.facebook.com/PartidoPopularCV
Castellón https://www.facebook.com/pages/Partido-Popular-de-Castellón/362567122173
Cataluña: https://www.facebook.com/ppcatalunya
Tarragona https://www.facebook.com/pages/Partido-Popular-de-Tarragona/208562232578590
Andalucía https://www.facebook.com/partidopopularandaluz
Granada https://www.facebook.com/pages/Partido-popular-de-Granada/108875823940
Málaga https://www.facebook.com/pages/Partido-Popular-de-Málaga/204015999337
Huelva https://www.facebook.com/pphuelva
Aragón https://www.facebook.com/pparagon
Extremadura https://www.facebook.com/PPExtremadura
Islas Baleares
Palma https://www.facebook.com/popularespalma
Islas Canarias
Tenerife https://www.facebook.com/PPTenerifeOficial
https://www.facebook.com/PPdeMelilla Melilla Mariano Rajoy: http://www.facebook.com/pages/Mariano-Rajoy-Brey/54212446406
Soraya Sáenz de Santamaría: http://www.facebook.com/sorayasaenzdesantamaria
María Dolores de Cospedal: http://www.facebook.com/pages/Mar%C3%ADa-Dolores-De-Cospedal/61575539117
Ana Mato: http://www.facebook.com/pages/Ana-Mato/63938792883
José Manuel Soria: http://www.facebook.com/josemanuel.soria
Alfonso Alonso: http://www.facebook.com/AlfonsoAlonsoPP
José Luis Ayllón: http://www.facebook.com/joseluisayllon
Teófila Martínez Saiz: http://www.facebook.com/pages/Te%C3%B3fila-Mart%C3%ADnez-Saiz/110858972277084?ref=ts&fref=ts
Alberto Ruiz Gallardón (no oficial): http://www.facebook.com/pages/Alberto-Ruiz-Gallardon/257797637614523
Enviado polas PAHs para Stop-Desafiuzamentos da Rede de Ferrol Terra - 22 de novembro de 2013 10:42 .

||||||||||||||||||||||||||||||||

domingo, 24 de novembro de 2013

O martes 26 de Novembro en Caranza - Xuntanza de Traballo de Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra

Xuntanza de Traballo de Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra

O martes 26 Novembro, ás 5 da Tarde, Xuntanza de Traballo de Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, no local de 'Fuco Buxán', en Caranza, na rúa Armada Española, 32.

Proposta de orde do día:
  1. Información Caso Rosa Narón.
  2. Información, pasos dados e pasos a dar sobre o novo caso de Rai e Puri.
  3. Situación resto dos casos.
  4. Información Caso Yolanda de Recimil.
  5. Coordinación Galega.
  6. Asuntos organizativos e outros se os houbera.
Saúde e Vivenda Digna !

Inácio (Comunicación)
645 158 113

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

||||||||||||||||||

sábado, 16 de novembro de 2013

Denunciamos de novo a desidia do goberno municipal á hora de abordar o asunto pendente da reparación, adxudicación e entrega das vivendas de Recimil - Desde Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra queremos amosar a nosa solidariedade coa compañeira Yolanda


Desde Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra queremos amosar a nosa solidariedade coa compañeira Yolanda Martín Roca, adxudicataria dunha das vivendas protexidas que entregou o Concello de Ferrol en Recimil.

Por outra banda queremos denunciar de novo a desidia do goberno municipal á hora de abordar o asunto pendente da reparación, adxudicación e entrega das vivendas.


No caso de Yolanda a actuación municipal é moi grave. Yolanda ocupaba o número 22 da lista. A vivenda foi entregada hai un mes, o pasado 14 de Outubro. Ese mesmo día foi ver a vivenda que tanto agardaba, mais ao entrar, mesmo xa no portal a cousa non pintaba moi ben.  A vivenda tiña un monton de deficencias que foron comunicadas axiña ao Concello: lacenas, marcos da porta, pintado, sintasol diferente nos mesmos espazos, colocación deficiente do prato da ducha, solo do comedor sen reparar, ... e o peor, sen poder enganchar a corrente eléctrica, pois a instalación, totalmente renovada, non cumpría coa normativa vixente. Mais pasado un mes, o Concello aínda non resolveu esta deficiencia como se pode comprobar pola carta remitida ao Concello pola compañía eléctrica, carta que anexamos a esta nota.

O Concello recepcionou unha vivenda que non estaba ben reparada. A empresa que a reparou foi a pontesa Construciones Canosa que non facía moito tempo que saiu dun concurso de acredores, polo que debería ser máis coidadosa á hora das reparacións e facer as cousas ben.

No seu momento o goberno municipal ferrolán accedeu á nosa demanda, liberando  unha partida de máis de 451 mil euros para poder rehabilitar, adxudicar e entregar 28 vivendas en Recimil. Polo que, este, tiña a obriga de velar polo bon emprego dos centos de miles de euros de diñeiro público para reparar as vivendas municipais e que estas quedaran en perfecto estado de habitabilidade.

Yolanda ten que facer frente a un aluguer de 230 euros, cunha pequena paga, nunha vivenda insalubre, aínda tendo adxudicada unha vivenda en Recimil que non pode ocupar. E o goberno municipal é o responsábel. Polo que esiximos que atenda as demandas de Yolanda que non son outras que se cumpra o Regulamento das vivendas de Recimil e mesmo o acordado polo Pleno sobre a súa entrega.

Yolanda decidiu desde o pasado martes acudir todos os días, ás 11 da mañá, ao Concello para lembrar-lles aos responsábeis municipais os seus compromisos e obrigas, e así leva catro días. E así vai seguir até conseguir unha vivenda digna e adecuada.

Saúde e Vivenda Digna !

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra (Comisión Dereito a unha Vivenda Digna) | Está Adherida ás PAHs  e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.

Inácio (Comunicación)
645 158 113

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

Foto de : Daniel Alexandre publicada no Diario de Ferrol.

||||||||||||||||||

mércores, 13 de novembro de 2013

Desde o noso corazón


Querida PAH:

Expresar o agradecemento, é unha das accións máis bonitas e leais que existen na vida dunha persoa; sobre todo, cando se trata de agradecer a axuda que che brindaron, desinteresadamente, entregándose en corpo e alma, para reverter unha causa mil veces inxusta, que dana a vida e lacera a integridade de tantas persoas.

A marabillosa PAH, acompañounos, nos nosos momentos máis amargos, duros e terribles das nosas vidas e atópamo-nos con que sen a súa axuda, non fose posible, arrincar o dente canino asasino da banca, das nosas debilitadas xugulares, tras tantos embistes e ataques recibidos a través de Novagalicia banco.

GRAZAS AMIGOS, pola vosa entrega, constancia e solidariedade. GRAZAS por estar alí, por loitar polos que vivimos cribados, ninguneados e perseguidos, pola insensibilidade dunha banca delituosa, que se ampara na corrupción dun país que elixiu desintegrar aos seus cidadáns.

O traballo, o apoio, o agarimo que recibimos é incalculable e como resultado do balance do noso periplo macabro, chegamos á conclusión de que a PAH É UNHA GRAN FAMILIA, que loita desinteresadamente, por unha xustiza social inexistente, vulnerada sistematicamente en cada instante dos nosos días.

Grazas a todos os amigos da PAH, que se manifestaron clamando xustiza para Gonzalo, aínda moitos sen coñecelo, deixando as súas ocupacións e dedicando o seu valioso tempo, entregándose con todo o seu agarimo, para axudar a un compañeiro.

GRAZAS A TODOS: Carlota e Fito, pais de PAH Vigo-Tui-Baixomiño e seres dunha sensibilidade extraordinaria. GRAZAS Ana, Olga, Suso, Isabel, Clara, Fran, Xosé Miguel, Xosé e todos aqueles que involuntariamente deixemos de nomear.

GRAZAS Cruz, entrañable amiga de PAH Salceda; GRAZAS PAH Pontevedra, Maricarmen, Gelo, Héctor, Nardo, que acudistes no noso socorro, nese momento tan duro, Anuska, Francisco, Sol, Sonia, e J. Carlos. Un gran agradecimiento tamén á nosa amiga Pili Collazo, que desde o silencio téndenos a súa man xenerosa. GRAZAS PAH Barbanza, PAH A Rioja, e todas as PAHS do país, que nos apontoaron e colaboraron para solucionar o noso problema.

Todo o noso agarimo e o noso agradecemento para toda esta GRAN FAMILIA que é A PAH, que fai posible o imposible, grato o ingrato e doce o amargo.

Desde o noso corazón,

Gonzalo e Mirta

Pontevedra, 2 de Novembro de 2013

Envia PAH-Vigo-Tui-Baixomiño.

|||||||||||||||||||||

O xoves 14 de Novembro en Caranza - Xuntanza de Traballo de Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra

Xuntanza de Traballo de Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra

O Xoves 14 Novembro, ás 5 da Tarde, Xuntanza de Traballo de Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, no local de 'Fuco Buxán', en Caranza, na rúa Armada Española, 32.

Proposta de orde do día:
  1. Información, pasos dados e toma de resolucións, no 'Caso Begoña Recimil'.
  2. Información: Caso Manuel Narón, Caso Rosa Narón, Caso Almudena Caranza, Caso Pilar e Francisco Telleiras.
  3. Información, pasos a dar e toma de resolucións, no 'Caso Yolanda Recimil', posto 22 da lista de vivendas adxudicadas.
  4. Coordinación Galega. Apertura Conta Grupo de Traballo.
  5. Últimas novidades sobre a entrega de Vivendas en Recimil.
  6. Asuntos organizativos e outros se os houbera.
Saúde e Vivenda Digna !

Inácio (Comunicación)
645 158 113

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

||||||||||||||||||

martes, 12 de novembro de 2013

Compañeira Victoria


O pasado Venres, 8 de Novembro de 2013, falecía a nosa compañeira Victoria.

A nosa estimada e querida compañeira Vitoria Fernández Paredes, deixaba-nos logo, dunha breve, mais grave enfermidade.

Victoria, era unha activista social, participaba no Foro e Encontro Social de Ferrol Terra, e foi cofundadora de Arméria Sociedade Cooperativa Galega, formando parte do seu primeiro Consello Reitor. Non puido ver desenvolvidos os proxectos de construción social nos que estamos inmersos. Mais se participou activamente na posta en marcha da Tenda de Troco e na Rede de Apoio Mutuo, onde participaba na loita por unha vivenda digna e adecuada con Stop-desafiuzamentos.

Victoria, chegou á Rede Social de Ferrol Terra, desde a Asociación Cultural Fuco Buxán e o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. O seu compromiso social era grande, imos-che botar de menos Victoria. Mais o compromiso de Victoria non era de agora, dos últimos anos, senón que a nosa  Compañeira ten unha vida de dedicación plena á loita pola xustiza, pola igualdade, a solidariedade e a fraternidade. Este compromiso exercía-o con xenerosidade e bondade.

Victoria era a compañeira do xa finado Carmelo Teixeiro, co que compartía activismo nos, xa mencionados, Comité Cidadán de Emerxencia e asociación 'Fuco buxán'.

No nome de todas as persoas, boas e xenerosas, que formamos parte das entidades da Rede Social de Ferrol Terra queremos enviar un saúdo, con dor mais con esperanza e gratitude, fraternal e solidario aos seus fillos Juan Ramón, Carmelo e Noé, ás súas compañeiras, netos e netas, aos seus hirmáns Angeles e Ricardo, demais familia e amizades.

|||||||||||||||||