luns, 30 de maio de 2016
Xuízo en Ferrol, este luns 30 de Maio, contra a financeira UCI (Banco Santander e BNP), polo abusivo índice hipotecario IRPH, xuízo que leva sufrindo varios aprazamentos. Na vista estarán presentes o avogado José María Erausquin e e a avogada Maite Ortiz, da PAH e Stop Guipuzkoa, referentes na loita contra o abusivo índice hipotecario IRPH
mércores, 27 de abril de 2016
"As cousas son o que son, non o que din que son", ... Por Josep Manuel Novoa Novoa - A mantenta da Execución de hipotecas titulizadas (a venda no mercado financeiro de paquetes de hipotecas) - A grande maioría dos bancos nos son donos das hipotecas que executan - Achega-se un argumentario legal de consecuencias xurídicas inconmensurábeis que xunto a ilegalidade das cláusulas solo, poñen en xaque á banca española
martes, 12 de abril de 2016
mércores, 30 de marzo de 2016
martes, 29 de marzo de 2016
Avogados da PAH de Gipuzkoa acoden a defender a unha compañeira de Stop Desafiuzamentos da Coruña
Avogados da PAH de Gipuzkoa acoden a defender a unha compañeira de Stop Desafiuzamentos da Coruña. | A activista polo dereito a vivenda, Sandra, ten unha vista sobre a súa execución hipotecaria o vindeiro 30 de Marzo
A nosa compañeira Sandra estase a defender dos abusos do Banco Santander e os avogados da PAH de Gipuzkoa serán os que a representen na vista que terá lugar o vindeiro 30 de marzo ás 11.30 horas no Xulgado número 11 da Coruña. Sandra atópase actualmente nun proceso de execución hipotecaria e nesta vista os seus letrados terán a oportunidade de argumentar por que este proceso ten que ser sobreseído.
A hipoteca de Sandra ten cláusulas altamente abusivas e se comercializaba co nome de Hipoteca Tranquilidad. Porén este produto tiña xa un nome enganoso e, na prática, fai que se combine un tipo de interese fixo durante 10 anos, que logo pasa a ser variable, cun sistema de amortización de cota crecente. Non obstante, o que non explicaba o banco era que nos primeiros anos non se amortizaba case capital (praticamente se aboan soamente intereses) mentres que a cota pagada aumentaba, chegando a haber casos nos que de 80.000 € pagados só 10.000 son de amortización de capital. No estado existen xa diversos grupos de afectadas que se están a organizar e loitar contra ese plan especialmente abusivo.
Outra das cláusulas que contén a hipoteca de Sandra é a de vencemento anticipado que fai que calquer impago o banco poda dar por finalizado o contrato da hipoteca e iniciar un proceso de execución (e con isto de expulsión da afectada do seu fogar) Esta cláusula, que normalmente soe ser a sexta bis do contrato, é considerada abusiva porque desequilibra aínda máis a relación entre banco e hipotecado xa que o banco pode dar por concluída a relación por un impago que non supón un incumprimento grave en relación a cuantía e duración do préstamo.
O noso colectivo segue pensando que, aínda que nos detemos nas distintas prácticas abusivas que exercen comunmente os bancos, a construción do dereito á vivenda non ten que estar baseado na propiedade senón na habitabilidade e o valor de uso. Por isto queremos lembrar que seguimos a reclamar decisións políticas que aseguren o dereito á vivenda nun estado no que hai tantas vivendas baleiras e un parque público tan reducido.
NIN CASAS SEN XENTE, NIN XENTE SEN CASA!
A Coruña, 29 de Marzo de 2016.
--
Stop Desafiuzamentos d'A Coruña
desahucios.coruna@gmail.com
stopdesahuciosacoruna.blogspot.com
@desahuciocoruna
Facebook
|||||||||||||||||||

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)