O Parlament de Catalunya aprobou por unanimidade a ILP de medidas urxentes para facer fronte á emerxencia habitacional e a pobreza enerxética.
Trátase dunha gran vitoria colectiva logo de anos de loita polo dereito á vivenda que permitirá poñer en marcha mecanismos para acabar cos desafiuzamentos e cortes de fornezo indiscriminados, á vez que mobilizar vivenda baleira para aluguer social.
O xoves o Parlament de Catalunya, nunha sesión histórica aprobou a Iniciativa Lexislativa Popular contra os desafiuzamentos e a pobreza enerxética, promovida pola Plataforma de Afectados pola Hipoteca, a Alianza contra a Pobreza Enerxética e o Observatorio DESC. Esta ILP tramitouse nun tempo récord e conseguiu sumar o apoio de todos os grupos parlamentarios, excepto o PP que se abstivo nalgúns dos puntos.
O debate de aprobación veu precedido pola intervención de dúas d@s portavoces da Iniciativa Lexislativa Popular. Nunha intervención emotiva e contundente resumiron o percorrido de loita que permitiu chegar ata o día de hoxe: "
conquistamos os nosos dereitos, desobedecimos leis inxustas e hoxe estamos aquí para cambialas". As portavoces, dirixíronse @s deputad@s esixindo que a altura de miras do Parlamento que hoxe aprobou a ILP se manteña e que haxa un despregue urxente de todas as medidas da ILP e que llos dote de recursos suficientes para que poidan ser efectivas.
A ILP aprobada no Parlamento é un conxunto de medidas que pretenden dar resposta á actual situación de emerxencia habitacional e pobreza enerxética que sofre Catalunya.
Dada a urxencia da situación e a tardanza en lexislar para parar esta sangría, esta ILP tramitouse con urxencia extraordinaria, é dicir que, en 15 días fomos capaces de facer todos os trámites para que hoxe a votación sexa posible. Hai que destacar que todos os grupos parlamentarios mantiveron os seus compromisos tanto en tempos como en contido.
Nos próximos días explicaremos a fondo que efectos terá esta nova ferramenta legal da que dispoñeremos a partir de agora en Catalunya para facer fronte á emerxencia habitacional pero hoxe xa hai que destacar un articulado final que respecta de forma íntegra os obxectivos e efectos que buscaba o redactado orixinal, que foi concretado, adaptado ou ata mellorado, para poñer por fin sobre a mesa as tan necesarias ferramentas da finalmente bautizada como "
Lei de medidas urxentes para afrontar a urxencia no ámbito da vivenda e a pobreza enerxética". Ademais, o articulado aprobado presenta unha solidez xurídica impecable, feito que foi posible grazas ao traballo xurídico feito desde o grupo promotor pero tamén grazas ás achegas dos servizos xurídicos do Parlamento e das achegas dos grupos parlamentarios.
A lei aprobada hoxe polo Parlamento de Catalunya non é nin moito menos unha declaración de intencións legais senón unha batería de ferramentas útiles e efectivas para frear a emerxencia habitacional en Catalunya:
Medida 1.
Mecanismos que outorguen unha segunda oportunidade polas persoas sobre-endebedadas e deudoras de boa fe. Mediante dous procedementos (
un de extraxudicial e un de xudicial) posibilítase que as familias poidan liquidar as súas débedas vinculadas coa vivenda habitual para poder empezar de novo.
Medida 2.
Ningún desafiuzamento para as familias en execución hipotecaria, establecendo a obrigación nas entidades financeiras de conceder un aluguer social ás familias en situación de vulnerabilidade residencial.
Medida 3.
Aluguer social para familias en réxime de aluguer en risco de desafiuzamento, cunha importante distinción entre grandes e pequenos tenedores de vivenda. Cando o propietario do inmoble sexa unha entidade financeira ou un gran tenedor de vivendas, este terá que parar o desafiuzamento e ofrecer un aluguer social á familia.
Tanto en casos de lanzamentos hipotecarios como nos de aluguer de grandes tenedores, principalmente bancos, fondos de investimento ou grandes tenedores que compraron vivendas procedentes de execucións hipotecarias e desafiuzamentos; o incumprimento da oferta de aluguer social comportase unha sanción económica grave (
ata 90.000 euros) que se incluíu no articulado da lei 1/2007 catalá do dereito á vivenda.
Medida 4.
Creación de parque social de aluguer. Establécese a posibilidade de resolver a cesión temporal dos pisos baleiros propiedade de entidades financeiras e grandes tenedores de vivenda para aumentar o parque público de aluguer dispoñible. Deste xeito, engádese unha ferramenta importante máis para mobilizar o parque de vivendas baleiras que co tempo permitirá realoxar todas aquelas familias que xa foron desafiuzadas sen alternativa.
Medida 5.
Acceso garantido a subministros básicos de auga, luz e gas con garantías para parar os cortes de auga, gas e luz da poboación en situación de exclusión residencial a través dun protocolo garantista que obriga á administración a aplicar as axudas necesarias para evitar o corte de fornezo, no caso de que o impago sexa por carencia de recursos económicos, a asegurar o acceso a estes subministros básicos mentres dure a situación de exclusión residencial e a establecer acordos coas empresas subministradoras para que poñan axudas a fondo perdido para facer fronte.
En definitiva, con esta lei apórtanse por fin os mecanismos para terminar coas débedas para sempre, os desafiuzamentos de hipoteca e aluguer, garantindo o realoxo en réxime de aluguer social e os subministros básicos a todos os fogares, á vez que se mobilizarán os pisos baleiros para que cumpran a súa función social.
A ILP é unha lei de emerrxencia moi necesaria e un punto de partida, un importante precedente á vez falar de dereitos ao servizos básicos para ir cara a un modelo máis xusto de acceso a vivenda e servizos.
O aprobación da ILP vivenda tan só foi posible grazas ao traballo incansable de moitísimos afectados, voluntarias, activistas, entidades e colectivos que apoiaron. As entidades promotoras da ILP non queremos esconder a nosa satisfacción por este éxito, que culmina máis de seis anos de loita polo dereito á vivenda digna. Non nos podemos esquecer das compañeiras de todo o estado que tamén foron responsables de chegar ata aquí hoxe. Esta ILP non ten vontade só de quedarse no Parlament de Catalunya, senón que ten que xerar un efecto dominou no resto de Parlamentos Autonómicos que teñen que dar resposta ante un estado incapaz e secuestrado polo poder bancario e das subministradoras.
O 23 de Xullo de 2015 pasará á historia como o día no que a cidadanía, farta da violación de dereitos humanos e da inxustiza, logo dun longo camiño de denuncia e autodefensa dos dereitos fundamentais, leva a auto-tutela de dereitos ata a redacción dunha lei que os ampara e ponos por ante os beneficios de poucos.
Un dos soños da PAH cando naceu ao 2009, precisamente en Barcelona, era cambiar as leis inxustas e ter de xustas para protexer os dereitos fundamentais.
Fixemos realidade este anhelo. Seguimos adiante, porqué deuse un paso importantísimo para conseguir o dereito á vivenda pero aínda nos queda moito para andar.
Hoxe foi un día histórico porque demostramos como o sentido común da rúa pode entrar aos Parlamentos da man da cidadanía organizada para facer leis que transformen as realidades inxustas e que defendan os dereitos fundamentais das persoas.
Enviado pola Plataforma de Afectados por la Hipoteca (PAH) | 25 de julho de 2015 16:07
____________